Historia da fí­sica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
Desde a antigüidade as diferentes culturas trataron de comprender a natureza e os fenómenos que nela se observan: o paso das [[estación]]s, o movemento dos corpos e dos [[astro]]s, etc. As primeiras explicacións baseáronse en consideracións [[filosofía|filosóficas]] e sen realizar a penas verificacións experimentais. Por isto, algunhas interpretacións erradas, como a feita por [[Ptolomeo]] - "A [[Terra]] está no centro do [[Universo]] e ao redor dela viran os astros" - perduraron centos de anos.
 
No '''[[século XVI]]''' [[Galileo Galilei|Galileo]] foi pioneiro no uso de experimentos para validar as teorí­as da fí­sica. Interesouse no movemento dos astros e dos corpos. Usando o [[plano inclinado]] descubríu a [[lei da inercia]] da [[dinámica]] e co [[telescopio]] observou que [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] tiña satélites virando ao seu ao redor.
Liña 7:
A partir do '''[[século XVIII]]''' prodúcese o desenvolvemento doutras disciplinas tales como a [[termodinámica]], a [[mecánica estatí­stica]] e a [[fí­sica de fluídos]].
 
No '''[[século XIX]]''' prodúcense avances fundamentais en [[electricidade]] e [[magnetismo]]. En [[1855]] [[James Clerk Maxwell|Maxwell]] unificou ambos os fenómenos e as respectivas teorí­as vixentes ata entón na [[electromagnetismo|Teorí­a electromagnética]], descrita a través das [[Ecuacións de Maxwell]]. Unha das predicións desta teorí­a é que a [[luz]] é unha [[radiación electromagnética|onda electromagnética]]. A finais deste século prodúcense os primeiros descubrimentos sobre [[radioactividade]] dando comezo o campo da [[fí­sica nuclear]]. En [[1897]] [[Joseph John Thomson|Thomson]] descubríu o [[electrón]].
 
Durante o '''[[século XX]]''' a Fí­sica desenvólvese plenamente. En [[1904]] propúxose o primeiro modelo do [[átomo]]. En [[1905]] Einstein formulou a [[Relatividade especial|Teorí­a da Relatividade especial]], aque coincide coas [[Leis de Newton]] cando os fenómenos se desenvolven a velocidades pequenas comparadas coa [[velocidade da luz]]. En [[1915]] Einstein extendeu a Teorí­a da Relatividade especial formulando a [[relatividade xeral|Teorí­a da Relatividad xeral]], a cal substitúe á Lei da gravitacionn de Newton e compréndea nos casos de masas pequenas. [[Max Planck|Planck]], [[Albert Einstein|Einstein]], [[Niels Bohr|Bohr]] e outros desenvolveron a [[Teorí­a cuántica]] a fin de explicar resultados experimentais anómalos sobre a radiación dos corpos. En [[1911]] [[Ernest Rutherford|Rutherford]] deduciu a existencia dun núcleo atómico cargado positivamente a partir de experiencias de dispersión de partí­culas. En [[1925]] [[Werner Heisenberg|Heisenberg]] e en [[1926]] [[Erwin Schrödinger|Schrödinger]] e [[Paul Adrien Maurice Dirac|Dirac]] formularon a [[Mecánica cuántica]], que comprende as teorí­as cuánticas precedentes e fornece as ferramentas teóricas para a [[Fí­sica da materia condensada]]. Posteriormente formulouse a [[Teorí­a cuántica de campos]] para estender a Mecánica cuántica de xeito consistente coa Teorí­a da Relatividade especial, acadando a súa forma moderna a finais dos [[1940s]] grazas ao traballo de [[Richard Feynman|Feynman]], [[Julian Schwinger|Schwinger]], [[Tomonaga]] e [[Freeman Dyson|Dyson]], quen formularon a [[Electrodinámica cuántica|Teorí­a da Electrodinámica cuántica]]. Así mesmo, esta teorí­a forneceuu as bases para o desenvolvemento da [[Fí­sica de partí­culas]]. En [[1954]] [[Yang Chen Ning|Yang]] e [[Robert Mills|Mills]] desenvolveron as bases do [[Modelo estándar]]. Este modelo completouse nos [[anos 1970]] e con el foi posible predicir as propiedades de partí­culas non observadas previamente pero que foron descubertas sucesivamente sendo a última delas o [[quark top]]. Na actualidade o modelo estándar describe todas as partí­culas elementais observadas así­ como a natureza da súa interacción.