Henry Ford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 12:
|ocupación = Empresario
|cónxuxe =Clara Bryant
|sinatura = [[FileFicheiro:Henry Ford Signature.svg|120px]]
}}
'''Henry Ford''', nado o [[30 de xullo]] de [[1863]] e finado o [[7 de abril]] de [[1947]], foi o fundador de [[Ford Motor Company]] e acredítanlle a creación dunha clase media na sociedade americana. Foi un dos primeiros en aplicar técnicas de traballo en cadea na produción de [[automóbil]]es. Este logro non só revolucionou a produción industrial, tivo tal influencia sobre a cultura moderna que algúns teóricos identifican esta etapa da historia social e económica como [[fordismo]].
Liña 52:
Durante os anos 30, Ford tamén superou a súa obxección ás compañías de finanzas, e a Universal Credit Company (propiedade de Ford) converteuse na maior operación de financiación de coches.
 
Henry Ford estaba moi interesado nos plásticos creados a partir de produtos agrícolas, especialmente da [[soia]]. Os plásticos a base de soia foron utilizados nos automóbiles Ford nos anos 30 nas partes plásticas como as bucinas, a pintura, etc. O proxecto rematou en [[1942]], cando o [[13 de xaneiro]] Ford patentou un automóbil feito case por completo de plástico, suxeito a un marco de tubos soldados. Pesaba un 30% menos ca un coche estándar do mesmo tamaño, e dicíase que podía soportar golpes dez veces maiores que o aceiro. Ademais, utilizaba alcohol de grao (etanol, combustible alcohol) en vez de gasolina. O deseño nunca gañou moita popularidade.
 
O 26 de maio de 1943, Edsel Ford morreu, deixando vacante a presidencia da compañía. Henry Ford recomendou a Harry Bennett para o posto. A viúva de Edsel, Eleanor, que herdara as participacións de voto de Edsel, quería que seu fillo [[Henry Ford III]] tivese ese posto. O tema foi resolto cando o mesmo Henry, con xa 79 anos, tomou a presidencia persoalmente. A compañía pasou tempos difíciles os seguintes dous anos, perdendo 10 millóns de dólares cada mes. O presidente [[Franklin D. Roosevelt|Roosevelt]] considerou establecer unha axuda federal á [[Ford Motor Company|compañía Ford]] para que a produción durante a guerra puidese continuar.