Glicosaminoglicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
[[Ficheiro:Hyaluronan.png|miniatura|dereita|240px|Ácido hialurónico (-4GlcUA''β''1-3GlcNAc''β''1-)<sub>n</sub>.]]
 
Os '''glicosaminoglicanos''' (GAG), antes chamados '''mucopolisacáridos''', son un tipo de heteropolisacáridos formados por cadeas longas e non ramificadas de azucres compostas xeralmente por unha unidade repetitiva de [[disacárido]] coa fórmula xeral ([[azucre ácido]] - [[aminoazucre]])<sub>n</sub>. Constitúen a fracción glicídica dos [[proteoglicano]]s, un tipo de [[biomolécula]]s formadas por proteínas e polisacáridos de función estrutural presentes fundamentalmente no [[tecido conectivo]], [[tecido epitelial|epitelial]] e [[tecido óseo|óseo]], e no [[medio intercelular]].
 
O aminoazucre dos glicosaminoglicanos pode ser D-[[glicosamina]] ou D-[[galactosamina]], e nel o grupo amino está normalmente acetilado coa fin de eliminar a súa carga eléctrica positiva, pero tamén pode levar un grupo [[sulfato]] no [[carbono]] 4 ou 6 ou nun nitróxeno non acetilado. Os máis habituais son a [[N-acetilglicosamina]] ou a [[N-acetilgalactosamina]]. O azucre ácido do glicosaminoglicano pode ser un ácido D-[[ácido glicurónico|glicurónico]] ou ben L-[[ácido idurónico|idurónico]], agás no [[queratán sulfato]], no que o normal é que haxa unha [[galactosa]]. Cada monosacárido está unido ao seguinte por un [[enlace glicosídico]] de diversos tipos segundo o glicosaminoglicano de que se trate (enlaces alfa ou beta, enlaces 1-3 ou 1-4, etc.). Este tipo de conformación confire resistencia á estrutura. Adoitan ter uns 300 residuos de azucre, que colgan das proteínas ás que están unidos, menos o ácido hialurónico, que ten varios miles <ref>{{cita libro| autor =Champe, PC; Harvey, RA y Ferrier, DR: | título =Biochemistry | ano =2004 | editor = Lippincott Williams & Wilkins| id =ISBN 0-7817-2265-9}}</ref>.
A presenza dos grupos sulfato e [[carboxilo]] destes azucres dálles aos glicosaminoglicanos unha intensa carga negativa, que atrae catións e proteínas da matriz e fainos moi hidrófilos, polo que tenden a formar xeles na [[matriz extracelular]]. Esta intensa hidratación dálle á matriz resistencia á compresión. Como estes xeles son moi porosos, permiten a rápida difusión de moléculas hidrosolubles, a [[migración celular|migración de células]] e o desenvolvemento dos procesos celulares. A rixidez das cadeas de glicosaminoglicanos fai que non se enrolen globularmente, senón que adoptan conformacións moi extendidas enroladas ao chou, que ocupan un grande volume, enchendo a matriz extracelular.
Liña 15:
* sulfato de heparina (ou [[heparán sulfato]]): localizado no [[fígado]], [[pulmón]] e [[pel]].
* sulfato de condroitina (ou [[condroitín sulfato]]): en [[tecido óseo|tecidos óseos]] e [[tecido cartilaxinoso|cartilaxinosos]].
* [[queratán sulfato]]: na córnea, discos intervertebrais, etc.
 
== Produción ==
Os núcleos proteicos dos proteoglicanos fórmanse no [[retículo endoplasmático]] rugoso e son despois modificados posttraducionalmente por [[glicosiltransferase]]s no [[aparato de Golgi]], onde os disacáridos dos glicosaminoglicanos se engaden aos núcleos proteicos para formar os proteoglicanos (con excepción do ácido hialurónico, que non está unido a proteínas). As cadeas de glicosaminoglicano únense a residuos de [[serina]] da proteína. O ácido hialurónico non é fabricado no aparato de Golgi senón por encimas de membrana da superficie celular e liberado no espazo extracelular.
 
Liña 55:
|}
 
=== Abreviaturas usadas na táboa ===
* '''GlcUA''' = ácido ''β''-D-[[ácido glicurónico|glícurónico]]
* '''GlcUA(2S)''' = ácido 2-O-sulfo-''β''-D-glicurónico
* '''IdoUA''' = ácido ''α''-L-[[ácido idurónico|idurónico]]
* '''IdoUA(2S)''' = ácido 2-O-sulfo-''α''-L-idurónico
* '''Gal''' = ''β''-D-[[galactosa]]
* '''Gal(6S)''' = 6-O-sulfo-''β''-D-galactosa
* '''GalNAc''' = ''β''-D-[[N-acetilgalactosamina]]
* '''GalNAc(4S)''' = ''β''-D-N-acetilgalactosamina-4-O-sulfato
* '''GalNAc(6S)''' = ''β''-D-N-acetilgalactosamina-6-O-sulfato
* '''GalNAc(4S,6S)''' = ''β''-D-N-acetilgalactosamina-4-O, 6-O-sulfato
* '''GlcNAc''' = ''α''-D-[[N-acetilglicosamina]]
* '''GlcNS''' = ''α''-D-N-sulfoglicosamina
* '''GlcNS(6S)''' = ''α''-D-N-sulfoglicosamina-6-O-sulfato
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://bssv01.lancs.ac.uk/gig/pages/toppage.htm Proteoglycans and Glycosaminoglycans] da Universidade de Lancaster.
* [http://www.scientificpsychic.com/fitness/carbohydrates2.html Illustration at scientificpsychic.com]
* [http://mucopolysaccharides.org/ The Role of Mucopolysaccharides in good health]
* King M. 2005. [http://web.indstate.edu/thcme/mwking/glycans.html Glycosaminoglycans]. da Escola de medicina da Universidade de Indiana. Acceso 31 de decembro de 2006.
* [http://www.melbourneradiology.com.au/mri-gallery/mri-dgemric-evaluation-of-cartilage.html Avaliación MRI da perda de glicosaminoglicanos (avaliación dGEMRIC)]