Epilepsia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 5:
Os [[síntoma]]s que experimenta unha persoa durante unha crise epiléptica dependen de lugar no cerebro no cal ocorre a alteración da actividade eléctrica. Unha persoa que ten unha ''crise tonicoclónica'' (tamén chamada ''de grand mal'') pode berrar, perde-lo senso e esvaerse ou porse ríxido e con espasmos musculares. Outro tipo de crise epiléptica é a chamada ''crise parcial complexa'', na que o paciente pode parecer confundido ou atordoado e non poderá responder a preguntas nin instrucións. Outras persoas teñen ataques moi leves que nin sequera son notados por outros. Algunhas veces, a única manifestación da crise epiléptica é un palpebrexar rápido ou algúns segundos de mirada perdida con desconexión do medio; a este tipo de crise epiléptica chámaselle ''[[ausencia]]'' e é relativamente frecuente na [[infancia]].
 
A epilepsia pode ter moitas causas; nuns casos é debida a lesións cerebrais de calquera tipo ([[traumatismo]]s craniais, secuelas de [[meninxite]], [[tumor]]es, etc.) pero en moitos casos non hai ningunha [[lesión]], senón unicamente unha predisposición de orixe [[xenética]] a padece-las crises. Con tratamento médico é posible o control das crises nun elevado porcentaxe de pacientes.
 
== Véxase tamén ==