Cicuta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 20:
}}
 
[[FileFicheiro: Conium maculatum MHNT.BOT.2005.0.956.jpg|thumb|'' Conium maculatum '']]
 
A '''cicuta''' ou '''cegude'''<ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=cicuta|data_consulta=16-12-2013}}</ref>, '''''Conium maculatum''''', é unha especie botánica de [[fanerógama|planta con flor]] [[herbácea]] da familia das apiáceas. En Galiza tamén recibe os nomes vulgares de '''canafrecha''', '''pirixel das bruxas''', '''pirixel dos sapos'''<ref>E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): ''Nomenclatura vernácula da flora vascular galega'', Xunta de Galicia</ref>, etc.
 
Atópase en toda [[Europa]] e [[América]], en lugares húmidos e frescos, como as beiras dos ríos.
 
== Características ==
Esta planta pode acadar entre os 150-250 centímetros de altura. Posúe [[talo]] oco e estriado, manchado de cor purpúrea na base e con bastantes pólas na parte superior. Follas brandas, fétidas, verdinegras, triangulares e divididas en gaxos elípticos, puntiagudos e dentados de ata 50 cm de longo e 40 cm de ancho. As [[flor]]es son pequenas, de cor branca, e nacen en [[umbela]]s duns 10 a 15 [[centímetro|cm]] de diámetro. A súa semente é pequena e de cor negruzca.
 
Liña 33:
A cegude é semellante ao [[pirixel]] ou ao [[fiúncho]], dos que apenas se distingue máis que pola cor escura e o cheiro desagradable das súas follas.
 
== Toxicidade ==
Toda a planta contén [[alcaloide]]s, entre os que destacan glicósidos [[flavonoide|flavónicos]] e cumarínicos e un [[aceite]] esencial, ademais da coniína, unha [[neurotoxina]] que inhibe o funcionamento do [[sistema nervioso central]]. A súa toxicidade afecta tanto ós humanos como a toda clase de gando. O veleno desta planta pódese equiparar a outros como o do estramonio ou o [[teixo]].
 
== Usos medicinais ==
A cegude foi usada polas súas propiedades antiespasmódicas e como sedante para calmar dores persistentes e intratables, como os producidos polo [[cancro]] e as [[neuralxia]]s. Na antigüidade, os médicos árabes e gregos a utilizaban en diversas doenzas, como a [[artrite]]. Porén, non era sempre eficaz, xa que a diferenza entre unha dose terapéutica ou tóxica é moi pequena.
 
Liña 47:
 
{{Commons|conium maculatum}}
 
[[Categoría:Plantas velenosas]]
[[Categoría:Conium]]