Cibeles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 19:
Visto o seu carácter sanguento e orxiástico, e a presenza en Roma de sacerdotes eunucos, este culto, opoñéndose á relixión romana tradicional, foi xulgado altamente sospeitoso polos filósofos, que non se podían adherir a esta clase de relixión. Non obstante foi florecente tanto na República coma no Imperio, onde os sacerdotes frixios, ou galos, foron substituídos por un colexio de funcionarios romanos, os Arquilagos. O Emperador en persoa encabézao.
 
A partir do século III un rito novo se insire sobre o culto de Cibeles: o bautismo Tauróbolo, ou sexa o sacrificio dun [[touro]] e a aspersión do seu sangue sobre os fieis. Este rito de purificación é o substituto probable dos ritos de mutilación dos crentes, rito sanguento que reinaba na orixe do mito, con flaxelacións, emasculación, etc.
 
== O mito de Cibeles e seu fillo Atis ==
Liña 28:
Mito salvaxe, sanguinario, cheo de ruído e de furor, oposto ós cultos formalistas e codificados de Roma e Grecia, a paixón de Atis está claramente inspirada no ciclo vexetativo: emasculado, Attis morre baixo un piñeiro; no outono. Cibeles percorre o país laiándose pola morte do que ama. Este último esperta grazas á intervención de Zeus (deus uraniano), e resucita co renacemento da primavera. Este culto “naturista” posuía unha violencia que se acordaba co carácter extremo do clima anatolio (turco).
 
== Os ritos de Cibeles ==
As festas de Cibeles desenvólvense dende o 15 ata o 28 de marzo, no período de crecemento da vexetación.