Also sprach Zarathustra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m remata traballo escolar
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
Foi despois de dúas visións, unha en [[Surlei]] en agosto de [[1881]] e outra en [[Rapallo]] en xaneiro de [[1883]], a partir das cales Nietzsche concibiu o seu poema filosófico Zaratrusta. A intuición do [[eterno retorno]] e a concepción do personaxe chamado [[Zaratrusta]] son a [[inspiración]] desta obra, coa cal Nietzsche pretendía chegar a un público universal, xa que segundo as súas palabras escribirao para todos e para ninguén.
 
== Estrutura da obra ==
A obra divídese en catro partes que foron publicadas en tres anos; en [[1883]] publicáronse as dúas primeiras partes, en [[1884]] apareceu a terceira parte e en [[1885]] publicouse a cuarta parte. Trata sobre a vida dun profeta, desde que este ten trinta anos ata a súa vellez.
 
== Contido da obra ==
Ten un contido [[argumentativo]], dominante nas dúas primeiras partes, e á vez un contido [[narrativo]], que domina nas outras dúas. Na primeira parte, que inclúe un [[prólogo]] que introduce na escena ao último home dos tempos modernos, un home pouco ambicioso e mediocre. A continuación, o protagonista con só trinta anos, busca a soidade e a tranquilidade e para iso retírase ás montañas acompañado dunha [[aguia]] e dunha [[serpente]]. Despois de dez anos sente a necesidade de volver cos humanos, e polo amor que lles profesa, ensínalles todo o que aprendeu durante a súa ausencia, entre o que está a morte de Deus, manifestándolles que lles falaba dun [[superhome]]. Pero ninguén o entendía, co que chega a conclusión de que precisa discípulos. Neste momento a aguia e a serpente sérvenlle tanto de compañía como de guía. Na cidade de A vaca multicolor, traducida por Kummasuddamam, ensinou a doutrina das tres transformacións do espírito- a [[autorresponsabilidade]], a [[autosuperación]] e a [[autolexislación]]-, e realizou unha crítica da súa propia doutrina sobre o sentido da Terra, da que non está plenamente convencido e reflexiona sobre a idea de que a verdade estea máis alá dos homes, por detrás das cousas, que se trate da verdade do mundo, das cousas.
 
A segunda parte comeza coa estancia do protagonista durante anos nas montañas, e como da primeira vez, sente a necesidade de transmitir e ensinar aos demais o que aprendeu e intenta facerlles ver a aguia e a serpente a felicidade de regresar cos humanos. Nas Illas Afortunadas fálalles aos seus amigos de Deus como algo enfrontado o que fai que o home sexa creativo, e lévao a conclusión de que os homes deben orientarse segundo as directrices do superhome. As razóns que aporta para isto están en que este ser é o sentido da Terra, isto é, o sentido das cousas desde a capacidade de creación do ser humano a partir do continxente, da corporeidade, do devir e do tempo, fronte a orientación divina que se move desde os principios do ilimitado, do imperecedoiro e do eterno, é dicir, desde a consideración da idea da transcendencia.
 
Ademais de continuar con temas da súa doutrina nos discursos, tamén compón cancións, nas cales expresa a dúbida de conseguir un obxectivo de autosuperación. Son cancións nas que manifesta que a solución a ese estado encóntrase na [[vontade]], aínda que tamén expresa o amor que sente. A personalidade do protagonista vaise perfilando cada vez máis, precisamente mediante o trazo de sentirse poeta; por un lado chega a entender que as comparacións e a linguaxe que emprega son propias dos poetas, e por outro, manifesta a contradición de sentirse fastíado deles polo feito de que se sente un espírito libre. Nas Illas Afortunadas segue cos seus discursos e desenvolve o concepto da [[vontade de poder]]. Isto explícao como a forza dinámica que fai que o home se poña en movemento e se supere tendo en consideración o intercambio de [[obediencia]] e mandato. Do contido dos seus discursos son destacables os que tratan sobre os compasivos, os sacerdotes, os virtuosos,... e en canto a forma do discurso ensina temas como a superación de si mesmo, os sublimes, o país da cultura, o inmaculado coñecemento, os deuses, os poetas, etc.
 
Despois das primeiras experiencias na Illa do Volcán, comeza a idea do eterno retorno do idéntico, e ante o convencemento de que o que pode ofrecer coas súas doutrinas é un froito aínda non maduro, decide abandonar aos seus amigos na busca da soidade como medio para profundar os seus coñecementos.
 
Ao comezo da terceira parte nárrase a nova marcha de Zaratrusta. Aos catro días de abandonar as Illas Afortunadas diríxese a si mesmo falando sobre a boaventura non querida e de antes da saída do sol. Zaratrusta bótase a chorar antes de abandonar as illas xa que sente a soidade e o desexo de amar sen esquecerse de si mesmo.
Liña 23:
Na cuarta parte a acción faise máis complexa e máis novelesca no sentido clásico do termo. O autor comeza narrando como o protagonista se queda nas montañas desfrutando da soidade e do tempo de moitos meses e anos que fan del un ancián cuxos cabelos tornan brancos. A [[felicidade]] de Zaratrusta expresada ao final da terceira parte pode conducir a pensar que dese modo e nese momento remataría a obra, con todo, o autor non parece satisfeito e segue narrando o que pasa dentro do protagonista despois dese momento que non parece movelo máis alá do anhelo de regresar outra vez xunto aos homes, pero si a necesidade de falar de si mesmo e da súa doutrina. Zaratrusta está cheo de felicidade e quere servir de atractivo para que sexan os homes quen veñan xunto del, e non ao revés, como ata agora fora. Sobe entón a unha montaña a realizar a ofrenda do mel e ao día seguinte encóntrase co adiviño e escoita o berro de socorro do home superior, a cuxo encontro se pon en camiño en contra da opinión do propio adiviño. Na marcha cara ao lugar de onde procede o berro atópase con diferentes homes aos que invita a que o vaian visitar durante a noite na cova. En primeiro lugar encóntrase cunha corte na que viaxan os dous reis que queren velo, pois non se deixaron influenciar polo pobo e buscaban tamén a ese ser que é mellor que eles; logo ao concienciudo do espírito que manifesta que se sente seguidor de Zaratrusta; logo ao [[mago]] a quen invita a súa cova; ao xubilado, un ancián que busca ao verdadeiro Zaratrusta; ao último Papa, que non ten nada que facer despois de que Deus morrese e busca ao Zaratrusta máis piadoso de todos os ateos; ao máis feo dos homes que matou a Deus e lle agradece a Deus o seu desprezo pola compaixón; ao mendigo voluntario que deixou as súas riquezas para servir aos pobres e para quen Zaratrusta é o único home que admira; a súa propia sombra na que recoñece a eliminación dos seus valores periclitados, pero tamén a desorientación a que pode levalo o exceso de autonomía. No camiño de regreso escoita o berro que sae da súa cova e ve a todos os que encontrou pola mañá en dirección ao lugar do cal procede o berro e saúdanse. Dentro todos xuntos, incluídos os animais e un asno, celebran a cea. Nela mediante vinte discursos, fálalles aos seus comensais sobre a realidade do home superior e remata aconsellándolles que se superen aínda máis. É a última celebración con todos os homes superiores antes de abandonar por terceira vez as montañas. Zaratrusta sae da súa cova. O mago canta a canción da [[melancolía]]; atopándose Zaratrusta fóra, os invitados falan da [[ciencia]] para rematar por enfrontarse a el e rirse del unha vez que regresou e se atopara con eles dentro. O viaxeiro a sombra de Zaratrusta pídelle que se quede e ponse a tocar coa arpa a canción entre fillas do deserto, a festa segue co espertar. Logo ocorre o inesperado: despois do ambiente de festa sae da cova, atopándose a volta con que todos os convidados están adorando ao asno e en plena noite decide expulsalos do lugar. Entón, acompañado da lira, recita a canción do noctámbulo, na que glorifica a lei do eterno retorno do idéntico. Pola mañá espera a chegada do gran mediodía coa felicidade e a esperanza de atopar aos compañeiros adecuados.
 
== Personaxes da obra ==
O personaxe máis importante desta obra é o protagonista, [[Zaratrusta]]; a relación que este mantén cos demais limítase a unha acción que se centra nunha actividade dirixida por el e na que os seus discípulos, amigos ou compañeiros limítanse a mostrar unha actitude meramente pasiva ao longo da maior parte do argumento. Por outro lado, entre os personaxes débese ter en conta aos animais, cuxa actividade é máis activa en ocasións cá doutros personaxes humanos.
 
Liña 34:
En resumo, a estrutura da obra xira entorno a Zaratrusta e é el quen determina que esta se desenvolva nunha dirección determinada. É profesor, mestre dunha doutrina e a súa acción móvese co obxectivo de comunicala aos humanos.
 
=== Os animais ===
Despois de que Zaratrusta na novena parte do prólogo da obra lle fálase ao seu corazón sobre o estado no que se atopa tras o seu fracaso como mestre, advertindo que para a obra non serve calquera persoa, se non seres, compañeiros que sexan capaces de colaborar na súa actividade máis alá do ben e do mal. No final do prólogo aparecen dous animais, unha aguia e unha serpe; son animais perigosos aos que Zaratrusta cualifica: a aguia como o máis altivo e a serpe como o máis intelixente que existe baixo o sol. Ambos queren saber se Zaratrusta aínda vive.
 
A partir deste momento, os animais entran na acción da obra como se fosen dous personaxes que desempeñan unha función nela. A relación do protagonista cos animais consiste en que estarán con el na cova e preocuparanse do seu estado anímico e corporal.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Así habló Zaratrusta|nome= Friedrich|apelidos= Nietzsche|ligazónautor=Friedrich Nietzsche|ano=2008 |editor= Cátedra |localización=Madrid |isbn=978-84-376-2502-7 |páxina= |páxinas= |dataacceso=3 de marzo de 2014 |url=}}
* {{Cita libro |título=Diccionario de las dos mil obras claves del pensamiento|nome=Denin |apelidos=Huisman |ligazónautor= |coautores= |ano=2002 |editor= Tecnos |localización= Madrid|isbn=84-309-2978-9|páxina= |páxinas= |dataacceso=3 de marzo de 2014 |url=}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Friedrich Nietzsche]]
 
[[Categoría:Obras filosóficas]]