Armando Cotarelo Valledor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Engadido
Liña 16:
==Traxectoria==
Era fillo do erudito [[Emilio Cotarelo Mori]]. Estudou Filosofía e Letras en [[Madrid]], doutorándose en [[1904]] cunha tese sobre a [[literatura galega medieval]]. Ese mesmo ano foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde chegou a ser vicerreitor e decano. Casou coa compostelá María Botana Sieiro.
 
En [[1907]] deu o discurso de apertura do curso universitario 1907-1908 da [[Universidade de Santiago de Compostela]] coa lectura de "''La leyenda de doña Estefanía la desdichada''".
 
Foi un dos promotores da [[Exposición Rexional de 1909]] e da Exposición de Arte de [[1926]]. Creou e dirixiu a revista ''[[Ultreya (revista)|Ultreya]]'', activa entre 1919 e 1920. En [[1920]] foi elixido membro da [[Real Academia Galega]] (aínda que non chegou a tomar cargo), á que representou na [[Real Academia Española]] en [[1929]] xunto con [[Ramón Cabanillas]]. En [[1942]] foi elixido membro da [[Real Academia de Historia de España]].