Narcotráfico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Produción: arranxiños
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 11:
 
== Produción ==
A maior parte das substancias estupefacientes producidas no mundo cultivase en países de [[Sudamérica]], [[Sueste Asiático]] e [[Oriente Medio]], e despois introdúcese de [[contrabando]] nos países consumidores. Tradicionalmente, [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Europa]] tenderon a impoñer políticas restritivas de «[[tolerancia cero]]» aos países produtores. Porén, os cultivos de [[Coca (planta)|Coca]] ou [[Cannabis sativa|cannabis]] son indispensables para a fabricación de alimentos {{Cómpre referencia|data=maio de 2013}}, bebidas e medicamentos en todo o mundo, e un sostén económico para as rexións produtoras. Por outro lado, o consumo de [[psicotrópico|substancias psicotrópicas]] tales como o [[LSD|dietilamida del ácido lisérgico]] (LSD), vai en diminución; as anfetaminas e outras substancias psicotrópicas de deseño e composición sintética ou semisintética, como o "[[Éxtase (droga)|éxtase]]" ([[MDMA]]), son producidas en laboratorios, principalmente en países desenvolvidos, e están substituíndo ás drogas tradicionais como a cocaína. {{referenciasListaref}}
 
== As orixes ==
En xurisdicións onde a lexislación restrinxe ou prohíbe a venda de certas substancias psicoactivas, é común que se desenvolva un [[mercado negro|mercado ilegal]]. Por exemplo, o Congreso dos Estados Unidos identificou varias substancias controladas.
 
A maioría das nacións considera o tráfico de [[droga]] un problema moi serio. No 1989, os Estados Unidos interviron en [[Panamá]] co "pretexto" de romper o comercio da droga. O goberno da [[India]] realizou operacións encubertas no Medio Este e o subcontinente indio para seguir o rastro de varios narcotraficantes. Algunhas estimacións do comercio global puxeron o valor das drogas ilegais ao redor de 400 mil millóns de US$ no ano 2000 {{Cómpre referencia|data=maio de 2013}}; que, sumado ao mesmo tempo ao valor do comercio global de drogas legais, corresponde a unha cantidade superior ao diñeiro gastado para a comida no mesmo período. No 2005 o "United Nations World Drug Report" estimou o valor do mercado de droga ilícito global no ano 2003 en 13 mil millóns de US$ a nivel de produción, 94 mil millóns de US$ ao nivel de prezo de maioreo, e 322 mil millóns de US$ baseado nos prezos do menudeo.
 
== A historia ==
Liña 27:
 
== O narcotráfico na cultura ==
O narcotráfico deu pé a numerosas obras literarias, como as novelas ''[[Todo é silencio (novela)|Todo é silencio]]'' ([[Manuel Rivas]], 2010) ''[[A guerra do tabaco]]'' e ''[[Narcos]]'' ([[Carlos G. Reigosa]]), ou ''La reina del Sur'' ([[Arturo Pérez-Reverte]]).
 
No [[audiovisual]], produciuse a película ''[[Heroína (filme)|Heroína]]'', dirixida por [[Gerardo Herrero]] sobre o nacemento do movemento [[Érguete]] de loita contra a droga e o narcotráfico en [[Galicia]]. A serie de televisión ''[[Matalobos (serie de televisión)|Matalobos]]'' xira arredor do mundo do narcotráfico nunha vila ficticia próxima á Coruña.
Liña 36:
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Carmen Avendaño]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cij.gob.mx Páxina dos Centros de Integración Xuvenil], institución paraestatal mexicana que prevé, investiga e ofrece tratamento para as adicións a toda a poboación.