Cova de El Soplao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Soplau.jpg" que foi borrado en Commons por Denniss. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:Soplau.jpg
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 38:
El Soplao forma parte das 6.500 covas do subsolo cántabro que, sen dúbida, son un paraíso para a [[espeleoloxía]].
 
== Situación ==
A cavidade atópase na [[Serra de Arnero]], á súa vez encadrada na [[Serra do Escudo de Cabuérniga]], entre os concellos de [[Rionansa]], [[Herrerías]] e [[Valdáliga]] e preto de [[San Vicente de la Barquera]]. A Serra de Arnero desenvólvese en paralelo al [[Mar Cantábrico]], cunha cota máxima de 682 metros.
 
Para acceder á cova pódese utilizar a [[Autovía do Cantábrico]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Cueva de El Soplao (Cantabria).jpg|250px|miniatura|Accesos á cova na Serra de Arnero, a 540 metros de altitude]]
A cavidade foi descuberta accidentalmente durante as labores de perforación [[minería|mineira]], sendo aproveitada posteriormente para a extracción de minerais (na visita guiada accédese unicamente a dous das oito galerías). Durante a súa explotación, moitas familias da zona sustentábanse cos ingresos que obtiñan desa actividade mineira, compaxinada coa ganadeira. Tras décadas de abandono, a [[espeleoloxía]], e en concreto o Espeleo Club Cántabro Universitario desde o ano [[1975]], descubriu o seu auténtico valor xeolóxico.
Liña 49:
O [[1 de xullo]] de [[2005]] o [[Goberno de Cantabria]] abriuna ao público e a difundiu internacionalmente, despois de acondicionar o seu interior e arredores para o turismo e prohibir toda actividade ao club descubridor.
 
== Galerías ==
El Soplao é un entramado de grutas moi extenso e desenvolvido en varios niveis. Os datos métricos da cova (medicións de 2003)<ref>Juan Colina (entre outros), ''El Soplao, una cavidad única'', Creática Ediciones (2003).</ref> son os seguintes:
* Desenvolvemento natural topografiado da cavidade (12.585 metros).
Liña 56:
* Desenvolvemento total do sistema topografiado (17.852 metros).
 
=== Galería dos Fantasmas ===
Trátase dunha sala natural que destaca pola cantidade de grosas formacións de [[estalagmita]]s blanquecinas e [[pisolita]]s emerxendo do solo que, pola súa figura, deron lugar ao nome da galería. A galería mide 350 metros de lonxitude e algunhas zonas alcanzan os 35 metros de anchura. O seu nome débese ás grandes estalagmitas blancas que asemellan fantasmas, nas zonas finais da galería. Tivo un grande uso a comezos do [[século XX]] como lugar de extracción e almacenaxe de mineral polos mineiros de ''La Florida''.
 
=== Galería Gorda ===
É unha sala cunha lagoa subterránea natural e unha das maiores en canto ao seu volume. É a primeira galería en verse ao acceder a ''El Soplao''. O nome vénlle pola impresión de pequenez causada a un dos espeleólogos que investigaron as covas. Dispón dun sistema de iluminación que resalta o colorido das formacións de estalactitas do teito, cuberto de helictitas de calcita.
 
=== Galería do Falso Chan ===
Pequena cámara onde impresionan as formacións rochosas en forma de finos fíos que se enroscan por todas partes.
 
=== Galería do Campamento ===
É de dimensións moderadas, con anchuras de até 10 metros. O nome débese á instalación dun campamento de investigación durante as primeiras incursións. Aquí permaneceron 208 horas ininterrumpidas os membros do Speleo Club Cántabro. Destacan as coladas, teñidas de vermello e branco polos minerais da zona.
 
=== Galería da Coliflor ===
Destacan, máis que as estalactitas, as enormes estalagmitas, moitas veces excéntricas, que chéganse a unir ao final co teito. Poden apreciarse as pegadas dun terremoto que azotou o lugar.
 
=== Galería do Bosque ===
Galería moi alta que debe o seu nome á súa semellanza cun bosque natural. As coladas e a unión de estalacticas e estalagmitas sucédense por doquier, creando grandes e variadas columnas. Ao igual que na galería da Coliflor aprécianse pegadas dun sismo.
 
=== Galería Xénese ===
Situada ao leste. É unha das máis altas, chegando aos 30 metros de altura. A súa lonxitude supera os 160 metros. Destacan os mantos de coladas, as estalagmitas xigantes e os niños de pisolitas. O seu nome débese á cantidade de cores que aparecen nela, a causa da variedade de sales disueltos na auga.
 
== Especies minerais ==
Esta é unha lista dos minerais atopados na cova, por orde alfabética:
* [[Ámbar]],
Liña 90:
* [[Pirita]]
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Bibliografía ==
* Francisco Fernández Ortega y Maria del Carmen Valls Uriol, ''El Soplao, fantasía en la oscuridad'', Creática Ediciones (2007).
* Juan Colina (entre outros), ''El Soplao, una cavidad única'', Creática Ediciones (2003).
* Speleo Club Cántabro, ''El Soplao Una cueva Única'' (1987).
 
== Véxase tamén ==
* [[Bielva, Herrerías|Bielva]]
* [[Covas de Cantabria]]
Liña 104:
* [[Covas do Monte Castillo]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.elsoplao.es/ Web Informativa sobre El Soplao]
* [http://www.speleoclubcantabro.com Web do Grupo Espeleológico descubridor do complexo de El Soplao]