Eugenio Montes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ referencia e dato
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
'''Eugenio Montes Domínguez''', nado en [[Vigo]] o [[24 de novembro]] de [[1900]] e finado en [[Madrid]] o [[27 de outubro]] de [[1982]]<ref>[[Mónica Carbajosa|Carbajosa, M.]] e [[Pablo Carbajosa|Carbajosa, P.]]: ''La corte literaria de José Antonio''. Barcelona, Crítica, 2003. ISBN 84-8432-452-4 (páxina 22). Outras fontes sitúan o seu nacemento en [[Bande]] o 4 de novembro de 1897.</ref> foi un político, e escritor galego, que escribiu en galego e castelán. Participou na fundación de [[Falange Española]].
 
== Traxectoria ==
A familia trasladouse a [[Bande]], en [[Provincia de Ourense|Ourense]], polo que o escritor considerouse sempre banduense e ourensán. Estudou o bacharelato en [[Ourense]], e máis tarde iniciou en [[Barcelona]] Filosofía e Letras e Dereito, carreiras que rematou, respectivamente, en Madrid e [[Oviedo]]. Doutorouse en Filosofía e Letras cunha tese dirixida por [[José Ortega y Gasset]] na [[Universidade Central de Madrid]]. Por esta época iniciouse como escritor con colaboracións literarias en xornais de Ourense e Vigo.
 
Liña 12:
A principios da década de 1930, decide dedicarse exclusivamente ao [[xornalismo]], e foi correspondente dos xornais ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e ''[[El Debate]]'' en varias capitais europeas durante os anos 30.
 
Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]], a súa relación con [[Rafael Sánchez Mazas]] e [[José Antonio Primo de Rivera]] levouno a colaborar cos seus artigos na revista monárquica ''[[Acción Española]]'', inspirada no tradicionalismo católico español, o integrismo lusitano e as ideas nacionalistas de [[Charles Maurras]]. En 1933 foi un dos fundadores de [[Falange Española]], aínda que as súas ideas políticas estaban máis perto do tradicionalismo monárquico que do [[fascismo]]. Acompañou a José Antonio Primo de Rivera nas súas viaxes á [[Alemaña]] e á [[Italia]] fascistas (1934-1935). Colaborou con artigos e conferencias á difusión da ideoloxía falanxista, que diagnosticaba unha crítica feroz contra o liberalismo político, tanto con anterioridade á [[guerra civil española|guerra]] como durante a mesma.
 
Despois da guerra, Montes continuou exercendo como xornalista, sendo correspondente dos xornais ''ABC'' e ''[[Arriba]]''. Tamén realizou frecuentes xiras por Hispanoamérica como conferenciante. Publicou varios libros de artigos e ensaios breves: ''El viajero y su sombra'' (1940), ''Federico II de Sicilia y Alfonso X de Castilla'' (1943), ''Elegías europeas'' (1949), ''La estrella y la estela'' (1953) e ''Discurso a la catolicidad española'' (1954).
Liña 19:
 
 
== Obra ==
=== En galego ===
* ''O vello mariñeiro toma o sol'' (Ed. Céltiga, Ferrol, 1922)
* ''Versos a tres cás o neto'' (Ed. Nós, A Coruña, 1930)
* ''Tres contos'' (Bos Aires, 1930)
 
=== En castelán ===
* ''El viajero y su sombra'' (Madrid, Cultura Hispánica, 1940)
* ''Federico II de Sicilia y Alfonso X de Castilla'' (1943)
* ''Melodía italiana'' (Madrid, 1944)
* ''Elegías europeas'' (Madrid, Afrodisio Aguado, 1949)
* ''La estrella y su estela'' (1953)
* ''Discurso a la catolicidad española'' (1954)
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
{{ORDENAR:Montes Dominguez, Eugenio}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]