Festina lente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 27:
A novela conta a vida de Ambrosio Cavaleiro, un encadernador nado en [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]] ([[Pontedeume]]), que desenvolveu toda a súa vida profesional na [[Santiago de Compostela|Compostela]] que cruza do [[século XVI]] ao [[século XVII]]. A novela é tamén un retrato da vida cultural da cidade naquel tempo: artesáns de [[acibeche]], impresores, a derrota da [[Armada Invencible]], a [[Inquisición]] etc.
 
== Orixe do título ==
O título procede do [[oxímoro]] [[lingua latina|latino]] ''festina lente'', que significa "bule devagariño". O primeiro en adoptar esta expresión como lema persoal foi [[Augusto]], pero á novela chega a través do impresor [[Aldo Manuzio]], que o fixo seu e que o colocaba como sinatura dos seus traballos.
 
== Personaxes principais ==
{{spoiler}}
* Ambrosio Cavaleiro. Nado en [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]] en [[1568]] e falecido en Compostela en [[1627]]. Foi aprendiz no obradoiro de encadernación de Ubaldo Luaces e logo da morte deste, titular do obradoiro. Tamén coñecido nalgúns capítulos como Lucas de Pruzos, dedicado baixo esta forma a recoller libros raros e tesouros bibliográficos.
Liña 39:
* Bieito González Araúxo. Irmán do anterior, arquitecto portugués que traballou en Santiago de Compostela.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
A novela narra a vida de Ambrosio Cavaleiro desde que o entrega o seu pai como aprendiz do encadernador Ubaldo Luaces, ata que falece. No camiño, herda o obradoiro de Luaces, dedícase a perseguir textos raros e libros valiosos baixo un [[pseudónimo]] e ten relacións sexuais e amorosas cun paxe do deán da catedral, que o levan a enfrontarse á [[Inquisición]]. Pero ao mesmo tempo a novela segue a historia dun [[códice]], gravado cun sinal de tres serpes que teñen forma de pegada de [[lavanco]], que é co que comeza e remata a novela.
Liña 47:
O códice queda no obradoiro de Ambrosio, que llo entrega nos seus últimos anos a un impresor compostelán, neto de canteiros, que emigra a América. No último capítulo, un indíxena centroamericano atopa o códice nun cadáver e marcha correndo con el. O documento está escrito no [[verbo dos arxinas]].
 
== Realidade e ficción ==
Moitos dos personaxes que se citan na novela existiron en realidade, tanto principais como secundarios, se ben non todos os seus actos están demostrados con fontes.
 
Liña 54:
Un dos elementos importantes na novela é o [[verbo dos arxinas]], código gremial que empregaban os canteiros galegos.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://ambrosiocavaleiro.blogspot.com/ Festina lente], blog da novela.
* [http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=1700997&id_sello_editorial_web=13&id_sello_VisualizarDatos=13 Ficha] na web da editorial.
 
[[Categoría:Obras literarias de 2008]]