María do Cebreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 19:
'''María do Cebreiro Rábade Villar''', nada en [[Santiago de Compostela]] o [[5 de xullo]] de [[1976]], é escritora galega e teórica da literatura.
 
== Traxectoria ==
Filla dos escritores [[Helena Villar Janeiro]] e [[Xesús Rábade Paredes]] e irmá do pianista [[Abe Rábade]]. En [[1998]] licenciouse en [[Filoloxía Hispánica]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. É investigadora e profesora de Teoría da Literatura na Facultade de Filoloxía de Santiago. En [[2004]] acadou o [[Premio de Investigación Dámaso Alonso]] coa obra ''As antoloxías de poesía en [[Galicia]] e [[Cataluña]]'', extraída da súa [[tese de doutoramento]] ''Aproximación teórica ó fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espacio'' ([[2004]]), na que ensaia unha teoría das antoloxías poéticas no contexto literario peninsular, e máis especificamente nas sociedades galega e catalá contemporáneas.
 
Liña 28:
Coordinou as escolmas ''A poesía é o gran milagre do mundo'' ([[2001]]), mostra de poesía galega contemporánea traducida ao inglés, e ''Damas negras'' ([[2002]]), antoloxía e tradución ao galego de letras de cancións cantadas por mulleres.
 
== Obra ==
=== Poesía ===
* ''O estadio do espello'' ([[Xerais]], [[1998]]).
* ''(nós, as inadaptadas)'' (Sociedade de cultura Valle-Inclán, [[2002]]).
* ''Non queres que o poema te coñeza'' ([[PEN Clube de Galicia]], [[2004]]).
* ''O barrio das chinesas'' ([[O Correo Galego]], [[2005]]).
* ''Os hemisferios'' ([[Editorial Galaxia|Galaxia]], [[2006]]).
* ''Cuarto de outono'' ([[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]], [[2008]]).
* ''Non son de aquí'' (Xerais, 2008). Traducido ao inglés por [[Helena Miguélez-Carballeira]] como ''I Am Not from Here''<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2010/04/26/cultura/londres-importa-outra-poeta-galega/2010042623160101512.html "Shearsman Books publica en inglés un poemario de María do Cebreiro"], ''[[Xornal de Galicia]]'', 26 de abril de 2010.</ref>
* ''Os inocentes'' (Galaxia, [[2014]]).
 
=== Ensaio ===
* ''As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña'' (Universidade de Santiago de Compostela, [[2004]]).
* ''As terceiras mulleres'' (Galaxia, [[2005]]).
* ''Fogar impronunciable. Poesía e pantasma'' (Galaxia, [[2011]]).
 
=== Antoloxías coordinadas ===
* ''A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle'' (PEN Clube de Galicia, [[2001]]).
 
=== Traducións ===
* ''Damas negras: música e poesía cantada por mulleres'' (Xerais, [[2002]]).
* ''Tres vidas'', de [[Gertrude Stein]] (Galaxia, 2006).
 
=== Obras colectivas ===
* ''dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90'' ([[Letras de Cal]], 1999).
* ''Mini-relatos'', (Libraría Cartabón, 1999).
* ''Novas voces da poesía galega: recital'' ([[Consello da Cultura Galega]], [[2000]]).
* ''XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível'' (S. C. D. Condado, 2002).
* ''Alma de beiramar'' ([[Asociación de Escritores en Lingua Galega]], 2003).
* ''Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina'' (Fundación Araguaney, 2003).
* ''Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra'' ([[Espiral Maior]], 2003).
* ''[[Avilés de Taramancos]]: A paixón pola terra'' (Consello da Xuventude de Galicia, 2004).
* ''Das sonorosas cordas'' (Eneida, 2005).
* ''X. Espazo para un signo'' (Xerais, 2005).
* ''Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo'' (Difusora, 2006).
* ''Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero'' (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006).
* ''Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa'' (Portugalizando, [[2007]], Lisboa).
* ''A Coruña á luz das letras'' ([[2008]], Trifolium).
* ''Letras novas'' (2008, [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]]).
* ''[[Marcos Valcárcel]]. O valor da xenerosidade'' ([[2009]], Difusora).
* ''To The Winds Our Sails'' ([[2010]], Salmon Poetry). Tradución do galego ao inglés.
* ''XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom'' ([[2011]], S. C. D. Condado).
* ''Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance'' (2011). En inglés e galego.
* ''As que rubimos montañas'' ([[2012]], Meubook/Implicadas).
* ''A cidade na poesía galega do século XXI'' (2012, [[Toxosoutos]]).
* ''A guerra'' ([[2013]], Barbantesa). Con [[Daniel Salgado]].
* ''Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de [[Corcoesto, Cabana de Bergantiños|Corcoesto]]'' (2013, A. C. Caldeirón).
* ''De Cantares Hoxe. Os [[Cantares Gallegos]] de Rosalía de Castro no século XXI'' ([[2015]], Fundación Rosalía de Castro/[[Radio Galega]]).
 
== Premios ==
* Accésit do XXI [[Premio Esquío de poesía]] en lingua galega en 2001 por ''(nós, as inadaptadas)''.
* Gañadora do II [[Premio de poesía Caixanova]] en 2003 por ''Non queres que o poema te coñeza''.
* Gañadora do VI Premio ''[[Dámaso Alonso]] de Investigación Filolóxica'' en 2004 por ''As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña''
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=marrabad&alias=&solapa=obras Biografía en BVG]
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor218 Ficha da autora] na [[AELG]]
* [http://www.barcelonareview.com/43/s_mdc.htm María do Cebreiro en ''Galicia, mujeres poetas (I)'']
* [http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/10/maria-do-cebreiro/ Perfil en ''As escollas electivas'']
 
{{ORDENAR:Maria do Cebreiro}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]