Illa de Io To: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 43:
 
== Historia ==
A illa foi descuberta en [[1543]] por [[Bernardo de la Torre]] a bordo da nave San Juan de Letrán. Cara a [[1887]], Xapón fai unha viaxe de investigación e non é até [[1889]] cando chegan os primeiros habitantes a ocupala, formalmente uníndoa á [[prefectura de Toquio]] en [[1891]]. Para [[1943]] xa existían cerca de 1.100 civís xaponeses establecidos na illa. A maioría deles eran tamén empregados da [[cana de azucre]] localizada na parte nordeste da illa, ou da mina de sulfuro e refinería localizada na mesma área. Os habitantes de Iwo Jima vivían nun dos cinco establecementos, distribuídos na metade norte da illa. O establecemento que se encontraba máis ao norte era Kita (literalmente "Norte"), localizado na parte norte central de Iwo. A aldea de Nishi ("Oeste") estaba situada na parte noroeste da illa, mentres que Motoyama, a área urbanizada máis grande en Iwo, estaba situada cerca das proximidades da mina e refinería de sulfuro. As dúas aldeas restantes, Higashi ("Leste") e Minami ("Sur"), estaban achantadas na parte nordeste da illa.
 
Na [[Segunda Guerra Mundial]] foi o escenario dunha das batallas mais sanguentas da guerra entre febreiro e marzo de [[1945]], a chamada [[Batalla de Iwo Jima]], ao existir nela dous aeródromos que foron un importante obxectivo para o exercito estadounidense na guerra contra o [[Xapón]]. En xuño de [[2007]] os seus habitantes decidiron recuperar o nome tradicional da illa, Iwo To, que ten o mesmo significado ca Iwo Jima.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/isla/japonesa/Iwo/Jima/cambia/nombre/elpepiint/20070622elpepiint_18/Tes La isla japonesa de Iwo Jima cambia de nombre]. ''[[El País]]''.</ref>
Liña 49:
[[Ficheiro:Raising the Flag on Iwo Jima.ogg|miniatura|250px|esquerda|Vídeo da colocación da bandeira.]]
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Iwo Jima}}