Carro solar de Trundholm: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Celandia -> Zelandia; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Trundholm.jpg|dereita|300 px|miniatura|O carro solar]]
 
O '''carro solar de Trundholm''' é un célebre obxecto de bronce descuberto en [[1902]] por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, perto de [[Nykøbing]], provincia de [[Sjælland]] (CelandiaZelandia) en [[Dinamarca]]. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre una estrutura en forma de carro con rodas de raios.
 
Está datado na primeira [[Idade do bronce]] arredor de [[-1400|1400 a.C.]]. Na actualidade consérvase en Copenhaguen no [[Museo Nacional de Copenhaguen|Nationalmuseet]].
 
== Descrición ==
O conxunto mide 60 centímetros de longo. O cabalo, dunha bela factura de bronce, repousa sobre catro rodas de catro raios. O disco solar, dun diámetro de 25 centímetros, descansa sobre dúas rodas e conserva unha parte do seu dourado por unha das caras. É a máis antiga representación do [[carro solar]] que se coñece en Europa.
 
== Significación ==
Admítese en xeral, hoxe, que este carro solar é a representación en miniatura dun carro [[Culto|cultual]] que se pasearía sobre un percorrido solar máxico, como nos indican os cultos de Nerthus na [[Xermania]] do Norte e de Freyr en [[Suecia]].<ref>Segundo o estuda Björn Ulbricht, ''Im Tanze der Elemente. Kult und Ritus der heidnischen Gemeinschaft'', Arun-Verlag, Wöl-flau 88, D-8313 Vilsbiburg ; ISBN 3-927940-00-3.</ref>
 
Liña 15:
O obxecto puido se depositado en ofrenda nunha sepultura que máis tarde desapareceu.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commons|Solvognen}}
=== Outros artigos ===
* [[Idade do Bronce]]
* [[Disco de Nebra]]
 
=== Ligazóns externas ===
* {{en}} [http://web.comhem.se/vikingbronze/sunchariot.htm "Reconstructing the Trundholm Sun Chariot", web.comhem.se]