Verducido, A Lama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 15:
Limita ao leste coa freguesía de [[Abelenda, Avión|Abelenda]] ([[Avión]]), ao sur coa de [[Barcia de Mera, Covelo|Barcia de Mera]] ([[Covelo]]), ao oeste coa de [[Fornelos de Montes, Fornelos de Montes|Fornelos de Montes]] e ao norte coa de [[Antas, A Lama|Antas]].
 
== Historia ==
San Martiño de Verducido aparece citada con 63 parroquianos nas ''Relaciones de vecindario mandadas por los corregidores, gobernadores, alcaldes y otras justicias, a petición de S.M., para el mejor repartimiento de los moriscos de Granada'' (decembro de [[1570]] - xullo de [[1571]]). No ''[[Catastro de Ensenada]]'' aparece como pertencente ao señorío da [[Casa de Soutomaior]], anexa á xurisdición de Soutomaior e suxeita á xustiza que o citado duque nomeaba.
 
Despois dun longo proceso iniciado en [[1739]] na Laxe, en [[1785]] o bispo da [[diocese de Tui]] [[Domingo Fernández Angulo]] creou as parroquias de [[Xesta, A Lama|San Bartolomeu de Xesta]], [[As Estacas, Fornelos de Montes|Santa María das Estacas]] e [[A Laxe, Fornelos de Montes|San Xosé da Laxe]], separándoas da matriz de Verducido.
 
== Patrimonio ==
O actual templo parroquial que data do [[século XVIII]], substituíu un outro edificio anterior do que, posibelmente, fican como únicas pegadas dúas imaxes de granito policromado, representando unha a San Bieito e a outra a unha Virxe co Menino no Colo. Esta segunda imaxe, actualmente na Sacristía e coñecida como ''"Santa da Fonte ou das Augas"'', é probabelmente unha virxe tardo-gótica na que xa agroman algunhas influencias da arte [[Flandres|Flamenga]]. A imaxe presenta a Virxe coroada, ergueita, ofrecéndolle ao meniño Xesús, sentado no seu colo, unha pequena esfera coa man dereita (un símbolo da divindade, unha alegoría do mundo ou, sinxelamente, un froito). Destaca o longuísimo cabelo da Virxe caendo polos ombreiros e baixando case ata os cóbados. Este longo cabelo atópase, fora da [[Galiza]], no treito final do [[século XV]] e no primeiro terzo do [[século XVI]], naquelas obras de influencia flamenga, especialmente na pintura e nas tallas dos retablos. Posteriormente esta imaxe da Virxe, co cabelo tan longo, será habitual nas representacións de pintores españois da primeira metade do [[século XVII]] ([[Zurbarán]], [[Murillo]] e discípulos). As súas formas son arcaizantes, resolvéndose en base a figuras xeométricas e a repetición mecánica e, as veces, pouco afortunada de clichés (as ondas dos bordes dos grosos panos e os tubos de órgano que deseñan os pregues da roupa). As figuras, frontais e ríxidas, incapaces de romper o bloco no que foron esculpidas aplastanse dentro del, sen crear apenas espazo, xerando esa inorganicidade do meniño, que mais que sentarse semella que quere pular dos brazos da nai. Atopámonos, quizais, perante unha escultura gótica, indubidablemente tardía, na que xa agroman con forza influxos flamengos.
 
No arco triunfal do templo parroquial podemos ler a seguinte inscrición: ''"ESTA OBRA HIZIERON LOS VEZINOS COMO PATROS IN SOLIDUN POR DERECHO LOCAL SIENDO ABAB D.FR.GARIDO HIJO DE VEZINO. AÑO DE 1776"''. Hai unha segunda inscrición na varanda da fermosa torre do campanario de difícil lectura, mas da que parece poder extraese a data de [[1790]] como a de finalización da torre.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Verducido, A Lama}}
<gallery>
Ficheiro:Ponte Anceu sobre o río Parada en Verducido, A Lama.jpg|Ponte Anceu sobre o río Parada.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Verducido ===
{{Lp Verducido, A Lama}}
=== Parroquias da Lama ===
{{A Lama}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares da Lama]]
 
[[Categoría:Parroquias da Lama]]