Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado coordenadas
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 42:
'''Valencia''' (en [[valenciano]]: ''València'', pronunciado [[Alfabeto Fonético Internacional|[vaˈlensia]]]) é a capital da [[provincia de Valencia]] e da [[Comunidade Valenciana]], así como da comarca homónima. Localizada na costa do [[mar Mediterráneo]], é unha cidade industrial e portuaria. Conta con 807.200 habitantes, que aumentan até 1.738.690 coa [[área metropolitana de Valencia|área metropolitana]], chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como ''Cap i Casal'' ou ''Capital do Turia''.
 
Aínda que foi fundada a certa distancia do mar, hoxe atópase unida e ten un dos portos máis importantes do Mediterráneo occidental, xunto cos de [[Barcelona]], [[Marsella]] e [[Xénova]]. A súa economía baséase nas súas funcións administrativas e de servizos, e en ser centro loxístico (porto, feira de mostras, [[aeroporto de Manises]]) para a industria rexional (moble, madeira, téxtil, construción, etc.). Durante estes últimos anos está a destacar como un importante destino turístico, grazas á recuperación parcial da [[Ciutat Vella de Valencia|Ciutat Vella]] (Cidade Vella), a construción da [[Cidade das Artes e as Ciencias |Ciutat de les Arts i de les Ciències]] (Cidade das Artes e as Ciencias) e a celebración da America's Cup.
 
== Historia ==
Liña 52:
A Cidade de Valencia foi fundada no [[-138|138]] a.C. co nome de ''Valentia Edetanorum'' polo cónsul romano [[Décimo Xunio Bruto Galaico]]. A cidade emprázase sobre unha das illas que formaba o [[río Turia]] na súa pantanosa desembocadura, nunha gran chaira aluvial, nos extremos da cal atopábanse os principais asentamentos prerromanos (ibéricos): Arse ou Saguntum ([[Sagunt]]) ao nordeste, Edeta (Llíria) ao noroeste e Saetabis ([[Xàtiva]]) ao sur. Todos eles emprazábanse sobre un tozal defensivo, mentres que Valentia fúndase no medio da chaira.
 
As posibilidades de aproveitamento desta plana deberon condicionar a elección deste lar. Nesta época da Roma republicana a cidade de Valencia non era a principal cidade do actual [[Comunidade Autónoma de Valencia|País Valenciano]] ([[Sagunt|Saguntum]]um e [[Elx|Illici]] eran, sen dubida, máis importantes), mais si que era un núcleo agrario notábel, que chega a canalizar as augas para o rego, e que chega a encuñar unha moeda propia, onde o emblema da cidade xa era a cornucopia ou corno da abundancia.
 
No ano [[-75|75]] a.C. foi destruída na guerra entre [[Cneo Pompeio Magno|Pompepeio]] e [[Sertorio]], e foi abandonada durante uns 50 anos. No Século I a Cidade de Valencia xa recuperara a poboación, e comezáronse a construír grandes obras de infraestrutura. No século III principia outra época de decadencia coma o resto do [[Imperio Romano]]. Coa súa caída, a cidade foi ocupada pelos [[visigodos]] formando parte dos reinos peninsulares.
Liña 75:
A finais do [[século XIV]], a morte sen descendentes de Martí l'Humà (Martiño I), desemboca no Compromiso de Casp (compromiso para elixir un novo Rei) e a entronización dos [[Casa de Trastámara|Trastàmara]] na [[Coroa de Aragón]]. No ditame xogaron un destacado papel os irmáns Ferrer: Bonifaci e Vicent.
 
No [[século XV]] Valencia vive unha etapa de gran desenvolvemento económico e de grande influencia política. Créase a ''Taula de Canvis i Depòsits'' (Mesa de Trocos e Depósitos), una banca municipal en apoio das operacións comerciais e a industria local, na que destacaban os téxtiles, acada un gran desenvolvemento, tornándose a cidade nun emporio comercial ao cal acoden mercadores de tódolos recunchos de [[Europa]]. A finais do século constrúese a [[Llotja de la Seda]] (Lonxa da Seda, hoxe [[Patrimonio da Humanidade]]), un centro de transaccións e verdadeiro templo do [[comercio]].
 
Este auxe económico reflíctese tamén no plano artístico e cultural. Eríxense agora algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, coma as [[Torres de Serrans]] ([[1392]]), a [[Llotja de la Seda|Lonxa]] ([[1482]]), o [[Micalet]] ou a capela dos Reis do [[convento de Sant Doménec]]. Na [[pintura]] e [[escultura]] déixanse sentir as correntes flamencas e italianas en artistas coma [[Lluís Dalmau]], [[Gonçal Peris]] o [[Damià Forment]]. En [[literatura]], baixo a protección de Afonso III de Valencia florecen autores coma [[Ausiàs March]], [[Roïç de Corella]], [[Isabel de Villena]] ou [[Joanot Martorell]], que escribe a prestixiosa novela [[Tirant lo Blanc]]. Este foi en definitiva o ''segle d'or'' (século de ouro) da literatura valenciana e por extensión da catalá.
Liña 140:
 
=== Clima ===
Valencia posúe un clima tipicamente [[clima mediterráneo|mediterráneo]]. Caracterízase por ser suave, cunha una temperatura media anual superior aos 17  °C. Os veráns son cálidos e os invernos moi moderados. Durante os meses invernais a temperatura non adoita estar por baixo dos 10  °C. A temperatura máxima rexistrada na cidade foi de 43,0 º °C, rexistrada o [[27 de agosto]] de [[2010]], mentres que a mínima absuluta rexistrada na cidade está nos -7,2 º °C, rexistrada o [[11 de febreiro]] de [[1956]]. As precipitacións son discretas e presentan o clásico mínimo estival mediterráneo, con dous máximos, un no outono e outro ao remate do inverno e comezo da primavera. As precipitacións son de 454 mm ao ano, mais adoitan ser de gran intensidade e concentradas no outono ([[gota fría]]), rexistrandose 262,6 l/m² o [[17 de novembro]] de [[1956]], sendo a maior precipitación rexistrada nun só día. O maior refacho de vento rexistrouse na cidade o [[25 de febreiro]] de [[1989]], cando a velocidade do vento alcanzou os 117 km/h.
 
<br>
Liña 293:
* Fernando Martínez Castellano/Ricard Pérez Casado 1979-1983 [[PSOE|PSPV]]
* Ricard Pérez Casado 1983-1987 [[PSOE|PSPV]]
* Ricard Pérez Casado/Clementina Ródenas 1987-1991 [[PSOE|PSPV]]
* Rita Barberà Nolla 1991- [[PP]]
 
Liña 465:
[[Ficheiro:Valencia-WH1.jpg|miniatura|[[Aeroporto de Manises]]]]
=== Metro ===
{{APArtigo principal|MetroValencia}}
A actual rede de [[Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana]] en Valencia é herdeira da antiga rede de ferrocarrís suburbanos de Valencia, coñecida popularmente como o ''Trenet de Valencia'', que unía a capital coas poboacións próximas. Devandita rede de vía estreita fora construída no seu maior parte durante o final do [[século XIX]], e foi xestionada sucesivamente pola Sociedade Valenciana de Tranvías.
 
Liña 535:
 
=== Ferrocarril ===
{{APArtigo principal|Estación Norte}}
Valencia conta cun núcleo propio de proximidade, este núcleo está composto por seis liñas que unen Valencia con [[Gandia]], Moixent, Utiel, [[Xirivella]], Caudiel e con [[Castelló de la Plana]] ademais conta con catro estacións de ferrocarril no seu termino municipal que son: [[Estación Norte|València-Nord]], València-Font de San Lluís, València-Cabanyal e València-Sant Isidre. Ademais catro das liñas teñen continuación como liñas de media e longa distancia enlazando Valencia con capitais como [[Madrid]], [[Barcelona]], [[Albacete]], [[Zaragoza]], etc.
 
Liña 545:
 
=== Transporte Aéreo ===
{{APArtigo principal|Aeroporto de Valencia}}
En setembro de 2008 presentouse a segunda ampliación do [[Aeroporto de Valencia]], que se atopa a 8 [[km]] do centro cidade de Valencia, comunicado por autobús, taxi e metro. Os destinos con maior tráfico son [[Madrid]], que acapara preto da metade do tráfico, [[Palma]], [[Barcelona]], [[Sevilla]] e [[Eivissa]]. No ámbito internacional [[París]], [[Milán]], [[Londres]], [[Múnic]] e [[Nova York]] son os destinos máis importantes. Ten conexión con [[Santiago de Compostela]].