Sistema nervioso periférico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 18:
| isbn = 0-13-981176-1}}</ref>
 
== Sistema nervioso somático ==
{{APArtigo principal|Sistema nervioso somático}}
Formado por nervios que recollen información sensorial e envían ordes motoras. Recibe as fibras sensoriais da [[pel]], dos músculos e articulacións e reagrupa as fibras motrices primarias dos músculos. Permite interaccionar co mundo exterior participando no equiibrio e a motricidade, e controla o ton e contracción dos músculos esqueléticos.
 
== Sistema nervioso autónomo ou vexetativo ==
{{APArtigo principal|Sistema nervioso autónomo}}
Dirixe de forma automática e inconsciente as funcións dos órganos internos, como a nutrición e a [[homeostase]].
 
Liña 33:
 
== Nervios craniais ==
{{APArtigo principal|Nervio cranial}}
Dos doce pares de nervios craniais, dous orixínanse na base do [[cerebro]] e os dez restantes no [[tronco do encéfalo]]. Os nervios óptico e olfactorio son os únicos que practicamente non saen do cranio, polo que se pode considerar que non son nervios periféricos <ref>Board Review Series – Neuroanatomy, Fourth Edition, Lippincott Williams & Wilkins, Maryland 2008, p. 177. ISBN 978-0-7817-7245-7.</ref> <ref name="White2008">{{cite book|author=James S. White|title=Neuroscience|url=http://books.google.com/books?id=bBsvkBiQAy0C&pg=PA1|accessdate=9 agosto 2012|date=21 March 2008|publisher=McGraw-Hill Professional|isbn=978-0-07-149623-0|pages=1–}}</ref>. Os nervios craniais controlan as funcións das estruturas anatómicas da cabeza con algunhas excepcións. Os pares X e XI actúan tamén fóra da cabeza, concretamente o X recibe información sensorial visceral do tórax e abdome, e o XI inerva o [[músculo esternocleidomastoideo]] e [[músculo trapecio|trapecio]].
 
== Nervios espiñais ou raquídeos ==
{{APArtigo principal|Nervio espiñal}}
Os [[nervio espiñal|nervios espiñais]] ou raquídeos orixínanse na [[medula espiñal]]. Controlan as funcións do resto do corpo. Nos humanos, hai 31 pares de nervios espiñais: 8 cervicais, 12 torácicos, 5 lumbares, 5 sacros e 1 coccíxeo. Na rexión cervical, as raíces dos nervios espiñais saen por encima da vértebra correspondente (é dicir, entre o cranio e a 1ª [[vértebra]] cervical sae o nervio espiñal C1, e entre e 1ª vértebra e a 2ª sae o C2, etc.) Desde a rexión torácica á coccíxea, as raíces dos nervios espiñais saen por debaixo da vértebra correspondente. Isto crea un problema ao nomear o nervio entre C7 e T1, polo que este se chama C8. Na rexión lumbar e sacra, as raíces dos nervios espiñais cursan por dentro do saco da [[duramáter]] e por debaixo do nivel da L2 formando a cola de cabalo (''cauda equina'').
 
Todos os nervios espiñais que conectan coa medula espiñal forman dúas ramas, unha dorsal ou posterior (cun ganglio raquídeo) e outra anterior ou ventral <ref>[http://books.google.es/books?id=ZwuiFW20fDIC&pg=PA4&dq=son+31+pares+de+nervios&hl=es&sa=X&ei=IJ1wT5DtNtCzhAeDn6W2Bw&ved=0CDAQ6AEwAA#v=onepage&q=son%2031%20pares%20de%20nervios&f=false Manipulaciones de los nervios periféricos. Barral, J.-P.,Croibier, A.] páxina 4 [[Google books]]</ref>. A rama anterior divídese en colaterais, que se agrupan en plexos dos que parten os nervios.
 
=== Plexo cervical (C1–C4) ===
{{APArtigo principal|Plexo cervical}}
 
Os primeiros 4 nervios cervicais, de C1 a C4, dividense e recombínanse para formar varios nervios que inervan o pescozo, as costas e a cabeza.
Liña 51:
O nervio frénico orixínase nas raíces C3, C4 e C5. Inerva o [[músculo diafragma]], permitindo a respiración. Se a medula espiñal se secciona por encima de C3, a respiración espontánea non é posible.
 
=== Plexo braquial (C5–T1) ===
{{APArtigo principal|Plexo braquial}}
 
Os catro últimos nervios espiñais cervicais, entre C5 e a C8, e o 1º nervio espiñal torácico, T1, combínanse para formar o [[plexo braquial]], un enguedellado conxunto de nervios, que se separan e combinan e recombinan, para formaren os nervios que van aos brazos e parte superior das costas. Aínda que este plexo poida parecer moi enguedellado, está moi organizado e é predicible, con poucas variacións entre as persoas.
 
=== Plexo lumbosacro (L1–S4) ===
{{APArtigo principal|Plexo lumbosacro}}
As divisións anteriores dos nervios lumbares, sacros e coccíxeos forman o [[plexo lumbosacro]]. O primeiro nervio lumbar está frecuentemente unido a unha rama do 12º nervio torácico. Con propósitos descritivos este plexo pode dividirse en tres partes: plexo lumbar, plexo sacral e plexo pudendo. Os nervios que van ás pernas saen de aquí.
 
== Ganglios ==
{{APArtigo principal|Ganglio}}
Ademais dos nervios o sistema nervioso periférico ten ganglios nerviosos. Un ganglio nervioso é unha masa de tecido nervioso que contén os [[soma]]s de moitas neuronas e as súas [[dendrita]]s. Hai ganglios nas raíces dorsais dos nervios espiñais e outros ganglios máis afastados da medula espiñal que pertencen ao sistema nervioso autónomo simpático ou parasimpático.
 
== Neurotransmisores ==
{{APArtigo principal|Neurotransmisor}}
Os principais [[neurotransmisor]]es do sistema nervioso periférico son a [[acetilcolina]] e a [[noradrenalina]]. Pero hai tamén outros, que se denominan non noradrenérxicos non colinérxicos (NANC). Ditos neurotransmisores poden ser péptidos ou non. Exemplos dos que non son [[péptido]]s son: [[adenosina trifosfato|ATP]], [[ácido gamma-aminobutírico|GABA]], [[dopamina]], [[óxido nítrico]] (NO). Exemplos de péptidos son: [[neuropéptido Y]], [[péptido intestinal vasoactivo|VIP]], [[hormona liberadora da gonadotropina|GnRH]], [[substancia P]] e [[péptido relacionado co xene da calcitonina|CGRP]].<ref name=Rang>Pharmacology, (Rang, Dale, Ritter & Moore, ISBN 0-443-07145-4, 5:th ed., Churchill Livingstone 2003). Page 132.</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Dermatoma]]
 
 
[[Categoría:Sistema nervioso]]