Ribeiro (viño): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 3:
Co nome xenérico de '''ribeiro''' coñécese a distintos tipos de [[viño]]s, cultivados historicamente na [[comarca do Ribeiro]]. Na actualidade, o viño ten a súa [[denominación de Orixe O Ribeiro|propia denominación de orixe]], que delimita zonas, tipos de uva e que promove a produción e a exportación da bebida.
 
== Historia ==
A primeira fonte documental que menciona o viño do Ribeiro é o [[Grecia Antiga|grego]] [[Estrabón]] ([[século -II|século II a.n.e.]]). Tamén está documentada a exportación do viño a [[Roma]] logo da conquista [[Imperio Romano|imperial]]. No [[século XI]] os monxes [[beneditino]]s (logo [[cisterciense]]s) do [[mosteiro de San Clodio]] centralizaban a produción vitivinícola da comarca, e asentaron e definiron as variedades específicas<ref>[http://www.ribeiro.es/?seccion=historia&idioma=ga Historia do Ribeiro] Web do Consello regulador da Denominación de orixe</ref>. O abade Paio González cita no [[século XII]] os labores de reimplantación do viñedo. Tamén impulsaron a produción de [[viño]] os monxes do [[mosteiro de Oseira]] (séculos XII e [[século XIII|XIII]]), que aínda que afastados xeograficamente, mantiñan baixo o seu dominio distintas terras de cultivo e [[priorato]]s para a produción desta bebida.
 
Liña 10:
A principios do [[século XIX]] e como consecuencia das [[Guerras Napoleónicas|guerras napoleónicas]], os ingleses tiñan dificultade para mercar o viño de [[bordeos (viño)|Bordeos]], e decidiron investir na comarca. Pero o [[diocese de Tui-Vigo|bispo de Tui]] prohibiu o comercio con Inglaterra por [[anglicanismo|motivos relixiosos]]<ref>[http://www.soitu.es/participacion/2008/12/02/u/rinconga_1228214385.html Ribeiro de cine (¿Pedro Almodóvar viticultor?)], ''[[Soitu]]'', 2/12/2008</ref>. A esta prohibición da exportación ao Reino Unido sumóuselle en [[1850]] a infección de [[oídio]], un [[Fungo (bioloxía)|fungo]] que en pouco tempo decimou os viñedos. En [[1892]] chegaron novas pragas, o [[mildio]] e a [[filoxera]], co que se produciu unha substitución das variedades autóctonas ([[treixadura (uva)|treixadura]], [[torrontés]], [[godello]], [[loureira]], [[albariño (uva)|albariño]]) por variedades máis resistentes e de peor calidade, fundamentalmente a [[palomino]].
 
En [[1932]] é recoñecido como [[denominación de orixe]]. O [[Consello regulador]] creouse en [[1956]] por unha orde ministerial que foi modificada xa varias veces, a última en [[2004]]. Nos últimos anos do [[século XX]] a produción e a exportación de viño do ribeiro viviu unha revitalización.
 
== Viños ==
O viño ribeiro pode ser tanto [[viño branco]], [[viño tinto]] ou [[viño tostado]].
 
As uvas que na actualidade admite a denominación de orixe son [[treixadura (uva)|treixadura]], [[torrontés]], [[palomino]], [[godello]], [[macabeo (uva)|macabeo]], [[loureira]], [[albariño (uva)|albariño]], [[lado (uva)|lado]] e [[albilla]], para o viño branco; e [[caíño]], [[sousón]], [[Ferrón (uva)|ferrón]], [[mencía]], [[tempranillo]], [[brancellao]] e [[garnacha]], para o tinto.
 
== Importancia cultural ==
O escritor [[Miguel de Cervantes]], nas súas ''[[Novelas ejemplares]]'', menciona<ref>Miguel de Cervantes, [http://es.wikisource.org/wiki/El_licenciado_Vidriera:_03 El licenciado Vidriera], Wikisource:es</ref> o viño do Ribeiro:
{{cita|se le olvidase de Rivadavia y de Descargamaría. Finalmente, más vinos nombró el huésped, y más les dio, que pudo tener en sus bodegas el mismo Baco}}
 
=== Refraneiro ===
{{APArtigo principal|O viño na cultura popular galega}}
* O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro.
* O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro.
* Viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Denominación de Orixe O Ribeiro]]
 
{{Denominacións de Orixe de Galicia}}
 
[[Categoría:Viños de Galicia]]