Portela, Cuntis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 16:
'''Santa Eulalia de Portela''' é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] que se localiza no norte do concello de [[Cuntis]], na [[comarca de Caldas]]. Segundo o [[IGE]] en [[2011]] tiña 210 habitantes (117 mulleres e 93 homes), 101 menos ca en 1986. En [[1836]] tiña unha poboación de feito de 327 persoas.
 
== Situación ==
A parroquia sitúase preto da portela que separa os vales do [[Río Vea|Vea]] (afluente do [[Río Ulla|Ulla]]) e do [[Río Gallo|Gallo]] (afluente do [[Río Umia|Umia]]), na parte alta deste último e na súa ribeira dereita xunto cos lugares da [[A Casa da Cruz, Arcos, Cuntis|Casa da Cruz]], [[Ferreiros, Arcos, Cuntis|Ferreiros]], [[Piñeiro, Arcos, Cuntis|Piñeiro]], [[A Casiña, Arcos, Cuntis|A Casiña]] e [[A Anllada, Arcos, Cuntis|A Anllada]] (pertencentes a [[Arcos, Cuntis|Arcos de Furcos]]) e a parroquia toda de [[Couselo, Cuntis|Couselo]].
 
Liña 23:
A [[N-640]] pasa polo medio do núcleo de Novás e nel conéctase coa estrada que baixa polas curvas da Bragada en dirección ó [[O Souto de Vea, San Xurxo de Vea, A Estrada|Souto de Vea]] ([[A Estrada]]) e [[Santiago de Compostela]].
 
== Patrimonio ==
Preto de Loureiro de Arriba e da veciña aldea do Piñeiro (parroquia de Arcos de Furcos) atópanse os castros de [[Castroloureiro]] e da [[Aurela]], no medio dun [[eucalipto|eucaliptal]] e aínda soterrados baixo terra, o primeiro na marxe dereita do val do rego Freixiño (xunto con Loureiro de Riba) e o segundo na esquerda (xunto co Piñeiro).
 
Destaca-la '''capela da Nosa Señora de Loreto''', situada en Loureiro de Abaixo, e a '''igrexa parroquial de Santa Eulalia''', situada no lugar de Portela. Tamén o conxunto de 7 muíños fariñeiros no regato que discorre polo medio do lugar de Portela, aínda que en mal estado de conservación.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Portela, Cuntis}}
<gallery>
Ficheiro:Pía no adro Santa Eulalia de Portela, Cuntis.jpg|Pía no adro de Portela.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Portela ===
{{Lp Portela, Cuntis}}
=== Parroquias de Cuntis ===
{{Cuntis}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Cuntis]]
 
[[Categoría:Parroquias de Cuntis]]