Ovocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 14:
Un '''ovocito''' ou '''oocito''' é un [[gametocito]] ou [[célula xerminal]] feminina implicada na reprodución. Trátase dun ovo inmaduro ou célula ovo inmadura. Orixínanse no [[ovario]] durante a [[gametoxénese]] feminina. As células xerminais femininas producen unha célula xerminal primordial que sofre [[mitose]] formando ovogonias. Durante a ovoxénese as ovogonias transfórmanse nos '''ovocitos primarios'''. Os ovocitos primarios chegado un momento da vida do individuo experimentan a [[meiose]], orixinando '''ovocitos secundarios''' e estes despois óvulos. Un [[óvulo]] é un ovocito que completou a súa meiose e maduración.
 
== Terminoloxía ==
Etimoloxicamente, ovocito significa célula ovo. Porén, os termos ovo e célula ovo, ovocito e óvulo utilízanse ás veces con certa ambiguidade. Os ovocitos primarios e secundarios son denominados ás veces ovos ou células ovo inmaduras (aínda que só é [[haploide]] o secundario, polo que lle corresponde mellor a este último o termo). Os óvulos son ovos ou células ovo maduras ou ovocitos maduros nos que a meiose se completou totalmente (téñase en conta que o ovocito secundario humano permanece detido na [[metafase II]] meiótica ata que se produce a fecundación, e só no momento da fecundación completa o seu desenvolvemento; e aínda que cando o ovario dunha muller [[ovulación|ovula]] dicimos que solta un óvulo, este é en realidade un ovocito secundario no estado que foi indicado, e o espermatozoide comeza a fertilización fusionándose con ese ovocito secundario, o que fai avanzar a meiose, a célula divídese, fórmase o segundo corpúsculo polar, e o que queda é o óvulo). Os cigotos son ovos ou células ovo fecundadas cos pronúcleos masculinos e femininos fusionados.
 
Liña 21:
''(Ver a sección "Meiose" máis abaixo).''
 
== Formación ==
[[Ficheiro:Gray5 gl.svg|thumb|260px|Diagrama da meiose no que se observa a redución no número de [[cromosoma]]s no proceso de maduración do ovo.]]
{{APArtigo principal|Ovoxénese}}
A formación dos ovocitos denomínase ovocitoxénese, que é unha parte da ovoxénese.<ref>[http://www.answers.com/topic/oogenesis?cat=health answers.com]</ref> Na ovoxénese orixínanse primeiro ovocitos primarios antes do nacemento, e despois ovocitos secundarios como parte da meiose e, finalmente, [[óvulo]]s.
 
Liña 40:
|}
 
=== Meiose ===
{{APArtigo principal|Meiose}}
O ovocito primario entra en meiose antes do nacemento, deténdose na profase I ata a entrada na [[puberdade]] (algúns seguirán nese estado durante décadas, conforme a muller vaia ovulando cada mes). Este período de detención chámase [[dictiato]] ou [[dictioteno]]. Trala reanudación da división, o ovocito primario aumenta de tamaño. Complétase a primeira división meiótica e orixínanse dúas células desiguais: o ovocito secundario, que recibe a maior parte do citoplasma, e o primeiro corpúsculo polar, célula pequena non funcional que dexenera axiña nos mamíferos. O ovocito secundario segue coa meiose II ata deterse na metafase II.
 
O ovocito secundario só recomezará a división meiótica se se produce a fecundación. Nese momento complétase a meiose, finalizada a cal se xera o segundo corpúsculo polar e o ovocito pasará a chamarse óvulo, estadio que tan só dura unhas horas ata a fusión dos núcleos de ambos os [[gameto]]s, momento en que se denomina cigoto. Se non se produce a fecundación, a segunda división meiótica queda detida na metafase II e non se reanuda, e o ovocito acaba sendo absorbido e fagocitado.
 
== Características ==
 
 
=== Citoplasma ===
Os ovocitos son ricos en [[citoplasma]], o cal contén gránulos de vitelo (xema) para a nutrición da célula e das primeiras células embrionarias.
 
=== Núcleo ===
Durante o estadio de ovocito primario da ovoxénese, o [[núcleo celular]] denomínase vesícula xerminal.<ref>[http://www.biology-online.org/dictionary/Germinal_vesicle Biology-online]</ref>
 
O único tipo normal humano de ovocito secundario ten sempre un [[cromosoma X]] no 23º par cromosómico, mentres que os espermatocitos poden ter cromosoma X ou [[cromosoma Y|Y]].
 
=== Folículos e niños ===
Os ovocitos desenvólvense dentro de [[folículo ovárico|folículos ováricos]]. En zooloxía o espazo onde se localiza o ovo ou ovo inmaduro denomínase en certos casos ''niño celular''.<ref>{{cite journal |author=Grier HJ, Uribe MC, Parenti LR |title=Germinal epithelium, folliculogenesis, and postovulatory follicles in ovaries of rainbow trout, Oncorhynchus mykiss (Walbaum, 1792) (Teleostei, protacanthopterygii, salmoniformes) |journal=J. Morphol. |volume=268 |issue=4 |pages=293–310 |year=2007 |month=April |pmid=17309079 |doi=10.1002/jmor.10518 |url=}}</ref>
 
== Contribucións maternas ==
[[Ficheiro:Oocyte Poles.jpg|miniatura|esquerda|Diagrama dun ovocito no que se indican os seus hemisferios ou polos animal e vexetativo.]]
 
Como o destino dun ovocito é ser fecundado e finalmente crecer dando lugar a un organismo funcional completo, debe poder regular múltiples procesos celulares e de desenvolvemento. O ovocito é unha célula grande e complexa á que se lle deben proporcionar numerosas moléculas que dirixirán o crecemento do [[cigoto]] e [[embrión]] e controlarán as actividades celulares, que son subministradas pola nai. Como o ovocito é o produto da [[gametoxénese]] feminina, a contribución materna ao ovocito e consecuentemente ao ovo fecundado é enorme.
 
=== ARNm e proteínas ===
Durante o crecemento do ovocito, as células da nai proporcionan diversos [[ARNm]] [[transcrición xenética|transcritos]] pola nai. Estes ARNm poden ser almacenados en complexos de ribonucleoproteínas mensaxe (RNPm) e [[tradución (proteínas)|traducidos]] en momentos específicos, poden localizarse en determinadas rexións do [[citoplasma]], ou poden estar espalladas homoxeneamente por todo o citoplasma do ovocito.<ref name="Mtango"> Mtango N.R., Potireddy S., Latham K.E. (2008). Oocyte quality and maternal control of development. Int. Rev. Cell Mol. Biol. 268, 223-290. </ref> As [[proteína]]s descargadas pola nai poden tamén estar localizadas ou ser ubicuas en todo o citoplasma. Os produtos traducidos destes ARNm e proteínas descargadas teñen múltiples funcións, que van desde a regulación do mantemento da célula como a progresión do [[ciclo celular]] e o [[metabolismo]], á regulación de procesos do desenvolvemento como a [[fertilización]], activación da transcrición no cigoto, e a formación dos eixes corporais.<ref name="Mtango" /> Debaixo hai algúns exemplos de proteínas e ARNm de herdanza materna que foron atopados en ovocitos do [[anfibio]] ''[[Xenopus laevis]]''.
 
Liña 148:
[[Ficheiro:Oocyte Determinants.jpg|miniatura|dereita|Diagrama do ovocito de ''Xenopus laevis'' e os seus determinantes maternais.]]
 
=== Mitocondrias ===
O ovocito recibe [[mitocondria]]s das células maternas, que controlan o metabolismo do embrión e os eventos [[apoptose|apoptóticos]].<ref name="Mtango" /> O reparto das mitocondrias lévao a cabo un sistema de [[microtúbulo]]s, que sitúan as mitocondrias ao longo do ovocito. En certos organismos, como os mamíferos, as mitocondrias paternas achegadas ao ovocito polo [[espermatozoide]] durante a fecundación son degradadas por medio da unión de proteínas [[ubiquitina|ubiquitinadas]]das. A destrución das mitocondrias paternas asegura a herdanza estritamente materna do [[ADN mitocondrial]] (ADNmt).<ref name="Mtango" />
 
=== Nucléolo ===
Nos mamíferos, o [[nucléolo]] dos ovocitos deriva exclusivamente das células maternas.<ref name="Ogushi">Ogushi S., et al. (2008). The maternal nucleolus is essential for early embryonic development in mammals. Science. 319, 613-616 </ref> O nucléolo, situado no núcleo, é a estrutura onde se localiza a transcrición do [[ARNr]] e se ensambla formando as subunidades dos [[ribosoma]]s. Aínda que o nucléolo é denso e inactivo nun ovocito maduro, é necesario para o desenvolvemento correcto do embrión.<ref name="Ogushi" />
 
=== Ribosomas ===
As células maternas tamén sintetizan e contribúen cos [[ribosoma]]s que cómpren para a [[tradución de proteínas|tradución]] de proteínas antes de que se active o xenoma cigótico. Nos ovocitos de mamíferos, os ribosomas derivados da nai e algúns ARNm almacénanse nunhas estrutras chamadas entrramados ou redes citoplasmáticas (''cytoplasmic lattices''). Estes entramados son unha rede de fibrilas, proteínas, e ARNs, que aumentan en densidade a medida que decrece o número de ribosomas nun ovocito en crecemento.<ref>Vitale A.M., Yurttas P., Fitzhenry R.J., Cohen-Gould, L., Wu W., Gossen J.A., Coonrod S.A. (2009). Role for PADI6 and the CPLs in ribosomal storage in oocytes and translation in the early embryo. Development. 135, 2627-2636. </ref>
 
== Contribucións paternas ==
O [[espermatozoide]] que fertiliza aos ovocitos contribúe co seu [[pronúcleo]], que é unha metade do [[xenoma]] do [[cigoto]] (a outra metade é a materna). Nalgunhas especies, o espermatozoide contribúe tamén cun [[centríolo]], que axuda a formar o [[centrosoma]] cigótico necesario para a primeira división. Porén, nalgunhas especies, como o [[rato]], o centrosoma enteiro é de procedencia materna.<ref>Sutovsky P., Schatten G. (2000). Paternal contributions to the mammalian zygote: fertilization after sperm-egg fusion. Int. Rev. Cytol. 195, 1-65.</ref> Actualmente está a investigarse a posibilidade doutras contribucións citoplásmicas feitas ao embrión polo espermatozoide.
 
Durante a fertilización, o espermatozoide proporciona tres elementos esenciais ao ovocito: (1) un factor activador ou de sinalización, que causa que o ovocito que estaba dormente metabolicamente se active; (2) o xenoma haploide paterno; (3) o centrosoma, que é responsable de manter o sistema de microtúbulos.
 
== Anormalidades ==
* [[Non disxunción]]. Fallo na correcta separación dos [[cromosoma homólogo|cromosomas homólogos]] na meiose I, ou da separación das [[cromátida]]s irmás na meiose II, que pode orixinar unha [[aneuploidía]] na cal o ovocito ten un número incorrecto de cromosomas, por exemplo 22,X ou 24,X. Esta é a causa de condicións como a [[síndrome de Down]] ou a [[síndrome de Edwards]]. É máis probable que se produza canto maior é a idade da nai.
* Algúns ovocitos teñen moitos [[núcleo celular|núcleos]], aínda que se cre que estes ovocitos nunca chegan a madurar.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 172:
William K. Purves, Gordon H. Orians, David Sadava, H. Craig Heller, Craig Heller (2003). ''Life: The Science of Biology''(7th ed.), pp. 823&ndash;824
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Foliculoxénese]]
* [[Corpúsculo polar]]
Liña 179:
* [[Folículo ovárico]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://it.stlawu.edu/~mtem/devbiol/atlas/ANTRAL1.JPG Diapositiva]