Mera de Arriba, Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m actualizo poboación
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 13:
'''Santa María de Mera de Arriba''' é unha parroquia do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Ortigueira]], na [[comarca do Ortegal]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 96 habitantes (48 mulleres e 48 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 161 habitantes.
 
== Xeografía ==
''' Mera de Arriba''' ocupa a conca superior do [[Río Mera, ría de Ortigueira|Río Mera]] que percorre de norte a sur esta parroquia e os vales dos seus afluentes: o rego da Igrexa, o Zapateiro, e o da Fervenza, que veñen desembocar en Ponte Noval. Linda polo norte coa parroquia de [[Mera de Abaixo, Ortigueira|Mera de Abaixo]], polo leste coa parroquia de [[San Claudio, Ortigueira|San Claudio]], polo sueste coa parroquia do [[O Ermo, Ortigueira|Ermo]], e polo oeste cos concello de [[Cerdido]] e de [[Cedeira]]. A estrada [[AC-862]] pasa polo alto do Pousadoiro na parte oeste da parroquia e dende aquí parte unha estrada local que pasando por Ponte Noval chega ao lugar de Veluz. Tamén atravesa a parroquia a vía de [[FEVE]], que dispón dun apeadoiro.
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial na honra de Santa María está no lugar da Reitoral e ten planta de cruz latina, á súa beira queda o cemiterio parroquial.
 
No lugar da [[A Ponte Noval, Mera de Arriba, Ortigueira|Ponte Noval]] atopamos unha ponte sobre o río Mera, pola que pasaba o camiño real en dirección a Ferrol. Segundo conta [[Anxel Rosende]] na súa guía de Ortigueira foi de gran importancia até a construción da estrada actual por Ponte Mera, xa que era o único vao sobre o dito río, situándose nela episodios de enfrontamentos con destacamentos franceses durante a ocupación. Neste lugar érguese tamén unha escola de indianos tan habituais nesta comarca do Ortegal, hoxe convertido en centro social parroquial.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Ortigueira}}
<gallery>
Ficheiro:Ponte Noval.JPG|A ponte de Ponte Noval sobre o Mera.
Liña 28:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Mera de Arriba ===
{{Lp Mera de Arriba}}
=== Parroquias de Ortigueira ===
{{Ortigueira}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Ortigueira]]
 
[[Categoría:Parroquias de Ortigueira]]