Jean-Baptiste Lamarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 18:
Lamarck cuñou o termo "[[bioloxía]]" para designar a ciencia dos seres vivos, e foi o fundador da [[paleontoloxía]] dos [[invertebrado]]s.
 
== Vida e obra ==
=== Infancia e formación ===
Naceu na vila de [[Bazantin]] nunha vella familia da nobreza, na que había numerosos militares<ref>Szyfman (1982): 4.</ref>, pero con poucos recursos económicos para manter a numerosa descendencia. Era o undécimo fillo de Pierre de Monet, que o animou a entrar no seminario dos [[xesuítas]] de [[Amiens]], coa intención de que se ordenara sacerdote, xa que naquela época a igrexa era unha boa opción para fillos de familias da aristocracia con poucos recursos, como noutras partes de Europa.
 
Sen embargo, Lamarck sentíase atraído polo exército (outra das opcións para a nobreza empobrecida), ao que pertencía xa tres dos seus irmáns. Aínda así, segue nos xesuítas de [[1755]] a [[1759]], cando seu pai morre. Chega a oficial na batalla de Villinghausen, o 16 de xullo do mesmo ano.
 
=== Vida no exército ===
Pero abandona os estudos e uníndose ao exército, para iniciar a carreira militar, en [[1761]], a pesar da súa xuventude, co nome de ''Cabaleiro de Saint-Martin''. Participou na [[Guerra dos Sete Anos]], uníndose ao exército francés na campaña de Alemaña preto de Willinghausen, [[Alemaña]], onde pouco despois da súa chegada tivo lugar a batalla que leva o nome desa cidade. Os franceses perden a batalla, e da compañía na que estaba encadrado Lamarck só sobreviviron catorce homes, entre eles os oficiais. O soldado máis vello do grupo suxeriu que Lamarck comandara a pequena tropa que quedara esquecida no medio da confusión. Lamarck acepta e ordena quedar naquel lugar até a chegada do seu exército, actitude que lle vale o ascenso a lugartenente.<ref>Estes feitos, aínda que son plausíbeis, non puideron comprobarse nos arquivos, e baséanse no testemuño dunha das fillas de Lamarck.</ref>
 
Mentres o rexemento entraba en [[Toulon]] e [[Mónaco]], unha compañía intenta rebelarse, deixar as armas. Como consecuencia do esforzo realizado no tumulto, Lamarck tivo unha importante lesión no pescozo (unha luxación da articulación temporomandibular) que o obrigaría a deixar o exército en [[1765]] e volver a París con unha pensión mínima.
 
=== A volta a París ===
Unha vez instalado en París xunto co seu irmán Philippe-François, decide inicialmente comezar os estudos de [[música]], pero finalmente emprende o das [[Ciencia|ciencias naturais]], mentres traballa durante un tempo como contábel para un banqueiro. Comeza a estudar [[medicina]], pero pronto abandona estes estudos para concentrase na súa paixión pola [[botánica]], nunha época na que a influencia de [[Jean-Jacques Rousseau]] fixo que p estudo da botánica estivese de moda.
 
Liña 36:
Durante estes anos inicia as súas ''Investigacións sobre as causas dos principais feitos físicos''.
 
=== A ''Flora francesa''. Académico das Ciencias ===
En [[1779]], cando Lamarck tiña 35 anos, a ''Imprimerie royale'' publica a súa primeira obra ''[[Flora francesa]]'' (en tres volumes). A partir da terceira edición [[Augustin Pyrame de Candolle]] achega especies de [[Suíza]]). O seu obxectivo é ordenar os vexetais segundo as súas estrutures reais e, ao mesmo tempo proporcionar ao público unha maneira cómoda e segura de identificar as plantas.
 
Liña 43:
Lamarck ordena os vexetais nunha serie que comporta seis graos: polipétalas, monopétalas, compostas, incompletas, unilobadas e critógamas.
 
Esta obra dálle unha notoriedade inmediata, converténdose nunha obra de referencia, e consigue merecer a confianza de [[Georges-Louis Leclerc]], [[conde de Buffon]]. O patrocinio de Buffon ábrelle a Lamarck as portas da [[Academia das Ciencias]] en [[1775]], en principio membro adxunto.
 
En [[1781]] naceu o seu segundo fillo, André, e o mesmo ano Buffon conseguiu que Lamarck fora nomeado Botánico do Rei, e como tal acompañouno nas súas viaxes entre 1781 e [[1782]] onde visitaron os principais centros científicos europeos na busca de novas especies botánicas para arrequecer as coleccións do Herbario Real do [[Xardín do Rei]].
Liña 53:
Entre [[1791]] e [[1792]] nacen os seus fillos Guillaume-Emmanuel-Auguste e Aménaïde-Cornélie, e morre a súa esposa Marie-Anne-Rosalie Delaporte, quedando Lamarck cos cinco fillos.
 
=== A Revolución Francesa ===
A [[Revolución Francesa]] supuxo cambios importantes na vida de Lamarck. As Academias son suprimidas, e Lamarck deixa de percibir a pensión como membro da de Ciencias. Pero participa na transformación do Xardín do Rei en [[Museo Nacional de Historia Natural]], baixo o impulso de [[Lakanal]]. Nel créanse doce cátedras, unha das cales, a de animais inferiores, confíase a Lamarck que, en [[1793]], é ''Profesor de Historia Natural dos insectos, os vermes e os animais microscópicos'', con un soldo inicial de 2.500 francos, non dubidando en reconverterse (con éxito), e á súa xa algo avanzada idade, de prestixioso botánico en profesor de [[zooloxía]].
 
Liña 60:
E [[1797]] créase un Instituto Nacional para substituír as anteriores Academias e Lamarck é nomeado membro da sección de Botánica, na que asistirá a todas as sesións durante os seguintes 34 anos. Durante estes anos participa na elaboración do [[calendario|calendario republicano]], baseado nos ciclos da natureza, e comeza a dar as súas clases no Museo, clases que darían lugar á creación da súa obra capital, ''Filosofía zoolóxica''.
 
=== Época napoleónica ===
Por estes anos inicia as súas publicacións no campo da [[meteoroloxía]] e da [[hidroxeoloxía]]. Publica diversos traballos, como ''Da influencia da Lúa na atmosfera terrestre'', unha memoria que suporá o primeiro esbozo da hidroxeoloxía, que publica en [[1802]], e os Anuarios Meteorolóxicos (1799-1809) que chegarían a ter gran fama e que animaban a posibilidade de desenvolver unha meteoroloxía científica.
 
Liña 76:
Despois disto, Lamarck renunciaría a continuar facendo os anuarios.
 
=== A teoría da transformación das especies. ''Filosofía zoolóxica'' ===
No seu discurso de abertura do curso do ano 8 da república no Museo ([[1800]]), Lamarck anuncia por primeira vez o que serían as bases da súa teoría da transformación das especies transformismo. O discurso sería publicado o ano seguinte co título ''Sistema dos animais sen vértebras ou Táboa xeral das clases, ordes de xéneros dos animais''. Nesta obra, precursora da célebre ''Historia Natural dos animais sen vértebras'' (1816-1822), aparecen xa as teses esenciais da súa doutrina transformista e que abandonara completamente as teses [[fixismo|fixistas]]. É posíbel que na obra haxa influencias de [[Pierre-Jean-George Cabanis]] ou de [[Erasmus Darwin]], o avó de Charles Darwin.
 
Liña 85:
El [[1809]] publica ''Filosofía zoolóxica'', unha obra que non alcanzaría a celebridade até a saída á luz das ideas [[darwinista]]s (1859). A partir dese momento sería reimprimidas e traducida a numerosas linguas. De feito, o mesmo Charles Darwin, na terceira edición do seu libro ''A orixe das especies'', agradece a contribución científica de Lamarck, e recoñece que Lamarck foi o primeiro científico que expuxo a idea de que os seres vivos seguían leis naturais. Darwin manifestou tamén a influencia que sobre el tiveran as obras ''Filosofía zoolóxica'' e ''Historia Natural dos animais sen vértebras'', que se publicaran entre os anos [[1815]] e [[1822]] e que recollen as concepcións de Lamarck sobre a evolución dos seres vivos.
 
=== Os derradeiros anos ===
En [[1818]] Lamarck queda subitamente cego, parece que por un [[desprendemento de retina]]. Pide que o substitúa parcialmente nas súas obrigas no Museo [[Pierre-André Latreille]], que Lamarck nomeara naturalista auxiliar en 1798 e que o substituiría nas clases en [[1821]].
 
Liña 94:
Lamarck morre o 18 de decembro de 1829, á idade de 85 anos, na súa vivenda do Museo. Os funerais celébranse na igrexa de St. Médard, e os seus restos depositáronse nunha fosa común do cemiterio de [[Montparnasse]]. Como se menciona máis abaixo, este feito foi para certos autores o signo da súa miseria. Para Laurent <ref>Laurent (2001): 136.</ref>, habería que atribuílo "á falta de piedade filial" do seu fillo Auguste.
 
Efectivamente, durante máis de un século, a maior parte dos textos históricos mencionan a miseria dos últimos tempos da vida de Lamarck. Para [[Jean-Henri Humbert]] (1887-1967)<ref>Humbert (1946): 21.</ref>, Lamarck "despropvisto de recursos" dobeu ceder seu herbario ao botánico alemán [[Johannes August Christian Roeper]] (1801-1885). Máis preto de nós, para Jaussaud e Brygoo <ref>Jaussaud et Brygoo (2004): 324.</ref>, "[Lamarck] morreu pobre na súa vivenda do Museo". O estudeo de Michel Guédès<ref>Citado por Laurent (2001): 134-136.</ref> sobre as rentas de Lamarck demostra que acumulaba diversas rentas (como profesor do Museo, as súas rentas da Academia das Ciencias, da venda das súas obras, etc.) que alcanzaban a suma de 9.500 francos da época<ref>O salario medio dun obreiro era de 1.000 francos. Citado por Laurent (2001): 135.</ref>. As súas rentas non igualaban certamente as de [[Georges Cuvier|Cuvier]] (xa que estas chegaban aos 41.200 francos), pero permitíanlle vivir dunha forma máis que correcta.
 
== Bioloxía e transformismo ==
[[Ficheiro:Statue Lamarck Leon Fagel.jpg|miniatura|dereita|230px|Estatua de Lamarck, de [[Léon Fagel]], no monumento erixido en 1909 por subscrición popular no [[Jardin des Plantes de Paris]] (''Xardín das plantas de París'').]]
 
==== Lamarck ''versus'' Darwin ====
Faise frecuentemente de Lamarck un precursor desafortunado de [[Charles Darwin]] porque, aínda que expuxo unha teoría da [[evolución biolóxica|evolución]], non descubriu o [[mecánica|mecanismo]] da [[selección natural]].
 
Liña 108:
Darwin, pola contra, busca ante todo refutar as "creacións especiais" do pastor [[William Paley]]<ref>Véxase [[Creacionismo (pseudociencia)|creacionismo]], [[deseño intelixente]].</ref> que, na súa ''Teoloxía natural'' (1803), explicaba a creación do mundo vivo e a orixe de todas as [[especie]]s por intervención divina, substituíndoas polo [[mecánica|mecanismo]] cego e impersoal da [[selección natural]].
 
Na súa obra ''[[A orixe das especies]]'' (1859), Darwin non propón ningunha teoría dos seres vivos,<ref>(véxase [[A_orixe_das_especiesA orixe das especies#Darwin_e_a_noción_de_vidaDarwin e a noción de vida|Darwin e a noción de vida]])</ref> non busca máis que explicar a [[adaptación biolóxica|adaptación]] dos seres vivos ás súas condicións de existencia pola [[selección natural]], mecanismo que se aplicará en seguida a toda a evolución do vivente e a partir da cal os científicos elaborarían a [[evolución|teoría sintética da evolución]] na segunda metade do [[século XX]].
 
A oposición entre as concepcións de Lamarck e Darwin sitúase en realidade na tendencia ao ''aumento da complexidade dos seres vivos no curo da evolución''.
 
=== A invención da bioloxía ===
O termo "[[bioloxía]]" (do [[Lingua grega|grego]] βίος ''bíos'', '[[vida]]', e λόγος ''lógos'' '[[ciencia]]') cuñouse a principios do [[século XIX]] (en 1802), especialmente por Lamarck:
 
Liña 121:
Durante moito tempo —e mesmo aínda hoxe en día— reduciuse o sistema de Lamarck unicamente a herdanza dos [[carácter|caracteres adquiridos]] e aos efectos do uso e do non-uso dos órganos dos seres vivos; outramente, fálase só dunha teoría da [[adaptación biolóxica|adaptación]].
 
Isto débese probabelmente ao "máis grave defecto do plan da ''Filosofía zoolóxica''" <ref>Presentación de André Pichot da ''Philosophie Zoologique'' de Lamarck, éd. Flammarion GF, 1994.</ref>, a súa principal obra. Na primeira parte, Lamarck expón o seu transformismo, que non pode comprenderse sen a ''bioloxía xeral'' exposta na segunda parte. Para comprender ben o seu sistema, sería preciso que comezar pola segunda parte. Pero moi frecuentemente só a primeira parte da obra foi publicada e lida.
 
É tamén isto o que probabelmente lle valeu á tese de Lamarck o ser asimilada ao [[vitalismo]], mentres que, ao contrario, coa súa teoría dos seres vivos, trata de comprendelos unicamente en tanto que ''fenómenos físicos'', sen facer intervir ningunha "[[forza vital]]", misteriosa e descoñecida. Nela, oponse ás concepcións de [[Xavier Bichat]].
 
=== Teoría dos seres vivos ===
Lamarck comeza par constatar que existe un "hiato inmenso" entre os "corpos físicos" e os "corpos vivo". A partir diso, trata de determinar a especificidade dos seres vivos con relación aos obxectos inanimados que estuda a física.
 
Liña 136:
Recupera nisto a [[embrioxénese]] de [[Descartes]] —a cal está radicalmente en opossición da súa idea de [[animal-máquina]]— que acrecenta os coñecementos fisiolóxicos do seu tempo. Lamarck, antes de calquera cousa expón deste xeito unha ''teoría física dos seres vivos'' a partir da cal elabora en seguida unha teoría da transformación e da evolución dos seres vivos.
 
=== Unha teoría da evolución ===
{{APArtigo principal|Lamarckismo}}
Esta última consiste en dúas tendencias opostas Por unha parte a ''complexidade'' baixo o efecto da dinámica interne, que arrequece os organismos con órganos e funcións novas e, por outra, unha tendencia á ''diversificación'' dos organismos en función das circunstancias nas que se encontran, é dicir, unha forma de [[adaptación biolóxica|adaptación]] do ser vivo ao seu medio.
 
==== A tendencia á complexidade ====
Lamarck considera que os seres vivos máis simples, os "[[infusorio]]s", aparecen por [[xeración espontánea]]. Estes seres son pequenas masas xelatinosas con algúns movementos de fluídos internos, provocados pola calor. A simplicidade da súa organización permítelles aparecer espontaneamente, como o produto natural das leis físicas. A partir destes seres moi simples, fórmanse seres un pouco máis complexos, beneficiándose da organización dos primeiros que se lles transmitiu polo que chamou despois [[August Weismann]] a herdanza dos caracteres adquiridos (véxase más abaixo). A partir deles fórmanse outros aínda máis complexos, e así sucesivamente, até chegaren a formas de seres vivos tan complicados como os mamíferos e o home. E iso sen facer mención a outra cousa que ás leis da física.
 
Pódese comprender a tendencia á complexidade das especies, é dicir, a aparición das ordes, clases e ramificacións, como unha consecuencia do crecemento autocatalítico do movemento dos fluídos, primeiro no individuo, despois a través das xeracións sucesivas. Este movemento que é responsábel da organización do ser vivo, e do seu crecemento, sendo a causa do aumento da complexidade desta organización no curso do desenvolvemento embrionario do individuo, non fai máis que prolongar este principio a través das xeracións, á favor da herdanza dos caracteres adquiridos. A [[reprodución]] serve de enlace entre as etapas sucesivas necesarias á natureza nas súas producións a falta dunha ''complexificacion'' continua dun só ser (el mesmo ligado ao endurecemento dos tecidos no momento do desenvolvemento). O aumento da complexidade das especies reponse entón no mesmo principio que a complexidade progresiva do organismo no curso do desenvolvemento; un prolóngase no outra a través das xeracións.
Liña 147:
Lamarck diferencia o [[animal]] do [[vexetal]] polo feito de que os tecidos do primeiro son ''irritábeis'', mentres que os do segundo no o son. A irritabilidade é a facultade de resposta, por unha contracción, a calquera estimulación. Entre os animais, a principal consecuencia da irritabilidade dos tecidos é unha ''interiorización da causa excitante dos movementos de fluídos'', sobre todo nos animais superiores. Estes son entón moito menos dependentes do medio exterior que os animais inferiores e que os vexetais, para todo o que concirne aos movementos de fluídes. Así a vida dos animais superiores adquire unha maior [[Bioloxía|autonomía]] con relación ao medio, o que ten consecuencias importantes para a transformación das especies.
 
Se Lamarck emprega as expresións "progreso na organización" e "perfeccionamento dos organismos", non hai que equivocarse sobre o seu sentido alí proxectando a [[ideoloxía]] do [[progreso]] actual <ref>Como o fai, por exemplo, [[Stephen Jay Gould]] no ''L'Éventail du vivant: le mythe du progrès'', 1996.</ref>. Lamarck conténtase con constatar empiricamente esta escala de complexificación dos seres vivos, desde os "infusorios" ao home; emprega o termo "progreso" no sentido dunha progresión a través dunha serie gradual de complexidade, non como tensión cara un fin ideal, e o termo "perfeccionamento" no sentido de adquirir facultades máis elevadas, novas funcións e órganos diferenciados, non como unha argumentación de probas extraordinarias ou dunha mellor adaptación ao medio. Cómpre evitar proxectar sobre iso un xuízo de valor inspirado pola analoxía co progreso técnico.
 
Para Lamarck, esta complexificación dos seres vivos non é pois atribuíbel unicamente ao [[azar]], non é un accidente, é un produto necesario da ''dinámica interna'' dis seres vivos; só a súa forma é continxente, sendo o produto das circunstancias.
 
Unha interpretación errónea desta tendencia á complexificación dos seres vivos no curso da evolución consiste en amalgamar a idea mística da [[escala dos seres]] <ref>Véxase por exemplo Guillaume Lecointre (dir.), ''Guide critique de l'évolution'', éd. Belin, 2009, pp. 37 e 103.</ref>. Ora, na introdución da súa ''Histoire naturelle des animaux sans vertèbres'', Lamarck oponse explicitamente a unha tal amálgama <ref>Véxase igualmente a análise de Jacques Roger en "L’histoire naturelle au XVIIIe siècle: de l’échelle des êtres à l’évolution", artigo reproducido en ''Pour une histoire des sciences à part entière'', éd. Albin Michel, 1995:</ref>
 
{{cita| ''Aseguro que eu non falei en parte ningunha dunha parella encadeada: eu reñecín sempre, pola contra, que hai unha distancia inmensa entre os corpos inorgánicos e os corpos viventes, e que os vexetais non se relacionan cos animais por ningún punto da súa serie. E digo máis, os animais mesmos, que son o suxeito do feito que vou expoñer, non se ligan uns cos outros de maneira que formen unha serie simple e regularmente graduada na súa extensión. Tamén, nisto que establecín, non é hai para nada unha cuestión dunha parella encadeada, porque ela non existe''. (p. 130)}}
 
==== A tendencia á diversificación ====
Lamarck dixo claramente: se a tendencia á complexificación fora a única a actuar, a progresión da composición dos animais sería regular. É unha cuestión sobre a cal se volve moitas veces; especialmente para explicar que na natureza non hai unha ''escala regular dos seres'', senón unicamente unha gradación por "grandes masas"; no interior destas "grandes masas" os seres non respectan unha gradación lineal, pero teñen unha diversidade que é consecuencia da diversidade das circunstancias coas que topa a tendencia á complexificación. As circunstancias son pois responsábeis da diversidade das especies e, ao mesmo tempo, son perturbacións da regularidade da "orde natural", que non aparece maís que nas súas grandes liñas.
 
Liña 168:
[[Darwin]] e outros autores anglosaxóns parece que deduciron que destas palabras que era a ''vontade'' do animal o que estaría na orixe da transformación de certos órganos. Esta interpretación errónea das ideas de Lamarck, inspirada polo ''Eloxio fúnebre'' escrito por [[Cuvier]]<ref>Cunha certa mala idea, véxase o artigo [[Georges Cuvier]] nesta Galipedia.</ref>, semella vir dun erro na tradución inglesa da ''Philosophie zoologique'', ou da idea de que o ''esforzo'' resultante dos hábitos na satisfacción das necesidades do ser vivo foi impropiamente traducido polo termo ''desexo''.
 
=== A necesidade teórica da evolución ===
Lamarck trataba de comprender o que diferencia aos seres vivos dos obxectos inanimados estudados pola física. En efecto, a existencia mesma de seres vivos atestigua o feito da evolución, porque a súa presenza non podería resultar unicamente do ''xogo actual'' dos fenómenos físico-químicos. Por exemplo, unha folerpa de neve non importa en que cristal de ventá estea, prodúcena circunstancias atmosféricas particulares (humidade do aire, temperatura, etc.) nun instante dado, e desaparecerá con elas. A folerpa é o produto só do ''xogo actual'' das condicións atmosféricas, e cando estas se modifican, transfórmase en consecuencia; eventualmente comeza a fundirse. A folerpa de neve é ''o xoguete das circunstancias'' que a redean, non posúe ningunha actividade autónoma que poda manter a súa organizacion, ao contrarrio dun ser vivo.
 
Non importa que ser vivo, mesmo os máis simples actualemente coñecidos non poden formarse espontaneamente a partir de circunstancias actuais. Non só non hai [[xearción espontánea]] de mamíferos evolucionados, como os ratos a partir de lixo, como se pensaba aínda no [[século XVIII]], pwero tampouco das baxctwerias máis simples, como [[Louis Pasteur|Pasteur]] estableceu máis tarde.
 
''Todo ser vivo nace a partir doutro ser vivo''. Por iso, se existen organismos máis complexos que outros é necesario que houbera unha ''historia'' para chegar a eles, é dicir, unha ''evolución das especies''.
Liña 179:
Lamarck foi o primeiro en comprender este punto <ref>Cf. André Pichot, ''Histoire de la notion de vie'', 1993.</ref>. Darwin, a quen se lle opón frecuentemente fronte a Lamarck, buscaba sobre todo descoubrir a ''[[Orixe das especies]]'', é dicir, comprender como os seres vivos se adaptan ás súas condicións de existencia sen facer intervir as "creacións especiais", as explicacións creacionistas de [[William Paley]]; e é curioso voir que aínda hoxe este argumento potente en favor da evolución non é sempre comprendido pola maior parte dos evolucionistas.
 
=== A teoría da transmisión dos caracteres adquiridos ===
{{APArtigo principal|Transmisión dos caracteres adquiridos}}
A historia da bioloxíe fixo de Lamarck o autor dunha "teoría da transmisión dos caracteres adquiridos". A transmisión dos caracteres adquiridos foi sen embargo adnmitida desde [[Aristóteles]] até [[August Weismann]] quen, á fin do [[século XIX]], a rexeitará máis por razóns teóricas que por experiencias, que non fixo.
 
Liña 189:
En cambio, foi [[Charles Darwin]], na súa obra ''La variation des animaux et des plantes sous l'effet de la domestication'' (1868), quen teorizaría sobre esta transmisión dos caracteres adquiridos. <ref>Cf. André Pichot, ''Histoire de la notion de vie'', éd. Gallimard, coll. TEL, 1993</ref>.
 
== Honras ==
* Existe unha '''rue Lamarck''' no ''18e arrondissement'' de [[París]].
* Existe unha "rue Jean-Baptiste Lamarck" en Montbéliard (Doubs)<ref>[http://maps.google.fr/maps?f=q&source=s_q&hl=fr&q=&vps=2&jsv=230b&sll=47.520823,6.80666&sspn=0.008695,0.022724&g=Rue+Jean-Baptiste+Lamarck,+Montb%C3%A9liard&ie=UTF8&geocode=FTcc1QIdhNxnAA&split=0]</ref>
Liña 201:
}}</ref>.
 
== Abreviaturas ==
As abreviaturas '''Lam.''' ou '''Lamk.''' empréganse para indicar a Jean-Baptiste Lamarck como autoridade na descrición, e na taxonomía en botánica. (Ver listado de especies descritas por este autor en IPNI)
 
A abreviatura '''Lamarck''' emprégase para indicar a Jean-Baptiste Lamarck como autoridade na descrición, e na taxonomía en zooloxía.
 
== Obra ==
Esta é unha selección das principais obras de Lamarck: [http://www.lamarck.cnrs.fr/bibliographie/biblio_de_lamarck.php?] {{fr}}.
* ''Encyclopédie méthodique. Illustrations des genres, tomes I, II'' (1791-93).
* ''Encyclopédie méthodique. Botanique'', 8 volumes dos cales os volumes I (1783), II (1786) e III (1789) foron dirixidos per Lamarck (1783-1789) {{fr}}.
Liña 232:
: - éd. PUF, coll. Quadrige, 1988.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
{{Wikisource|fr:Jean-Baptiste de Lamarck|Jean-Baptiste Lamarck}}
=== Outros artigos ===
* [[Evolución]]
* [[Fixismo]]
Liña 247:
* [[Taxonomía]]
 
=== Bibliografía ===
* Pietro Corsi. 2001. ''Lamarck. Genèse et enjeux du transformisme. 1770-1830'', Ed. CNRS : 434 pp. ISBN 2-271-05701-9 {{fr}}
* André Pichot. 1997. ''Histoire de la notion de vie''. Ed. Gallimard, coll. « TEL » : 980 pp. ISBN 2-07-073136-7, cap. 7 « Lamarck et la biologie » {{fr}}
Liña 289:
* LAMARCK, J-B. ''Filosofía zoológica'' (tradución de José González Llana). Barcelona: Editorial Alta Fulla, 1986, 276 p. ISBN 84-86556-08-2 {{ca}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lamarck.cnrs.fr/ Jean-Baptiste Lamarck] {{fr}}
* [http://www.gloubik.info/sciences/spip.php?article116 A orixe bearnesa da familia de Lamarck] (Artigo aparecido o 10 de outubre de 1909 na ''[[Revue scientifique (France)|Revue Scientifique]]'').
Liña 296:
 
{{ORDENAR:Lamarck, Jean-Baptiste}}
 
[[Categoría:Personalidades da zooloxía]]
[[Categoría:Personalidades da botánica]]