Iugurta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 1:
'''Iugurta''' ([[-160]]-[[-106]]), foi rei de [[Numidia]] entre os anos [[-116]] e -106.
 
== Biografía ==
 
Trala morte de [[Masinisa]] en [[-148]], sucedeuno o seu fillo [[Micipsa]]. Por entón o seu sobriño Iugurta era tan popular, que Micipsa se viu obrigado a envialo a Hispania, estancia que este aproveitou para establecer contactos con romanos influentes. Alí comprendeu a debilidade dos romanos para o suborno, o que aproveitou no futuro. Participou con [[Escipión Emiliano]] no asedio de [[Numancia, España|Numancia]] na [[Guerras Celtiberas|terceira guerra celtibera]].
Liña 7:
Cando morreu Micipsa en [[-118]], o reino dividiuse entre os seus dous fillos ([[Aderbal]] e [[Hiempsal]]) e o seu sobriño Iugurta. Inmediatamente, Iugurta enfrontouse con Hiempsal e asasinouno. A seguir enfrontouse con Aderbal, que resultou vencido e fuxiu a Roma para pedir axuda. As oficiais romanos, probabelmente subornados, ou talvez polo desexo de terminar rapidamente co problema, dividiron Numidia en dúas partes, o leste para Aderbal, e o oeste para Iugurta.
 
=== Guerra de Iugurta ===
 
{{APArtigo principal|Guerra de Iugurta}}
Iugurta non quedou satisfeito, e no ano [[-113]], invadiu [[Cirta]], capital de Aderbal, incorrendo na cólera de Roma, ao resultar mortos varios comerciantes itálicos alí asentados, ademais do propio Aderbal. Roma viuse obrigada a intervir en [[-111]], nunha breve campaña mandada polo cónsul [[Lucio Calpurnio Bestia]]. Iugurta rendeuse, pero obtivo unha paz moi favorábel, sospeitosa unha vez de máis de ter sido conseguida con subornos. Como consecuencia, [[Caio Memmio]], [[tribuno da plebe]], promoveu unha investigación, solicitando a presenza do propio Iugurta, pero foi vetado por outro tribuno subornado, [[Caio Bebio]]. Iugurta tivo que ir a Roma, pero non chegou a declarar.