Hidroxilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Hydroxyl3D.png|miniatura|dereita|200px|Modelo tridimensional dun grupo hidroxilo.]]
Un '''hidroxilo''' é un grupo formado por un átomo de osíxeno unido covalentemente cun átomo de hidróxeno, que aparece en compostos como os alcohois, fenois, ácidos carboxílicos e sulfónicos, oxoácidos e bases <ref>[http://www.answers.com/topic/hydroxyl#ixzz1aDaRsXYK McGraw-Hill Science & Technology Encyclopedia]</ref>. Por hidroxilo pódense entender estas tres cousas:
* O grupo funcional -OH, chamado '''grupo hidroxilo''' ou '''grupo alcohólico''' ou '''grupo OH'''. Trátase dun grupo químico unido [[covalente]]mente a unha molécula, como sucede nos [[alcohol|alcohois]]. Por exemplo CH<sub>3</sub>-OH ([[metanol]]).
* O '''anión hidroxilo''' (OH<sup>-</sup>) ou '''anión hidróxido'''. Aquí o hidroxilo está cargado negativamente en forma de anión e forma parte de substancias como os [[hidróxido]]s, formadas por un metal e un anión hidroxilo. Por exemplo, NaOH <ref>[http://chemistry104.blogspot.com/2006/01/how-to-talk-like-chemist-hydroxide.html Hydroxide, hydroxyl? Aren't they the same thing?]</ref>.
* O '''radical hidroxilo''' (·OH), que é un grupo OH libre pero neutro e moi reactivo.
 
== Grupo hidroxilo ==
[[Ficheiro:Hydroxy Group Structural Formulae.svg|75px]]
O termo grupo hidroxilo utilízase para designar ao grupo funcional -OH cando é un substituínte dun composto orgánico, ao cal está unido covalentemente. As moléculas orgánicas máis representativas con grupos -OH son os [[alcohol|alcohois]]. Tamén os [[fenol|fenois]] e os [[carbohidrato]]s levan característicamente estes grupos.
Liña 15:
Cando é necesario poñer un prefixo nas moléculas orgánicas ás que se une un grupo hidroxilo, segundo a IUPAC, debe utilizarse ''hidroxi'' (e non ''hidroxil''). Por exemplo, [[hidroxiprolina]].
 
== Anión hidroxilo ==
=== Hidróxidos ===
[[Ficheiro:Hydroxide lone pairs-2D.svg|miniatura|dereita|Anión hidroxilo.]]
O anión hidroxilo ou '''oxhidrilo''' presente nos [[hidróxido]]s (OH<sup>-</sup>) está cargado e compórtase de forma completamente distinta dos grupos funcionais OH unidos covalentemente. Os hidróxidos disócianse en auga liberando o seu grupo OH<sup>-</sup> (hidroxilo ou oxhidrilo), o que é característico das bases, e leva a un aumento do pH (maior basicidade). Polo contrario, os grupos funcionais OH dun alcohol ou dun ácido non se liberan como OH<sup>-</sup>, senón que como moito liberarían un protón (H<sup>+</sup>).
Liña 22:
A disociación da auga tamén orixina OH<sup>-</sup>, xunto con H<sup>+</sup>.
 
=== pH e pOH ===
A concentración dos ións H<sup>+</sup> e OH<sup>-</sup> nunha disolución determina a súa acidez ou basicidade, medidos polo pH e pOH. Entre ambos sempre suman 14, polo que se o pH é, por exemplo, 5, o pOH ten que ser 9.
{{APArtigo principal|pH}}
 
== Radical hidroxilo ==
O radical hidroxilo (·OH) é a forma neutra do ión hidróxido, polo que ten un electrón menos ca este. Prodúcense pola descomposición de [[hidroperóxido]]s (ROOH) ou por [[fotólise]]. Os radicais hidróxido son enormemente reactivos, polo que duran moi pouco libres (uns 10<sup>−9</sup> segundos <ref>{{cite journal
| author=Sies, Helmut
Liña 35:
| pmid=7688300 }}</ref>), xa que reaccionan inmediatamente con outras substancias, e son moi importantes na química dos radicais.
 
Os radicais libres hidroxilo poden causar un dano oxidativo na célula, especialmente nos [[eritrocito]]s. Danan o [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], os [[lípido]]s, e [[proteína]]s, polo que son moi prexudiciais.<ref>{{cite journal|pmc=88911|title=Antiseptics and Disinfectants: Activity, Action, and Resistance|year=1999|volume=12|issue=1|pmid=9880479|last1=McDonnell|first1=G|last2=Russell|first2=AD|pages=147–79|journal=Clinical microbiology reviews}}</ref> A célula ten diversos antioxidantes para eliminar os radicais libres que se formen <ref>Reiter R.J., Carneiro R. C. Melatonin in relation to cellular antioxidative defense mechanisms. PMID 9288572</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Hidróxido]]
* [[Hidronio]]
* [[Óxido]]
* [[Alcohol]]
* [[pH]]
 
{{Grupos funcionais}}
 
 
[[Categoría:Grupos funcionais]]