Galia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *facían parte, e outros
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 5:
A '''Galia''' ('''Gallia''' en [[latín]]) é o conxunto de territorios ocupados polos [[galos]], pobos denominados así polos romanos, e que corresponden coas actuais [[Francia]], [[Bélxica]] e parte de [[Suíza]], así como terras dos actuais [[Países Baixos]] e [[Alemaña]] situadas ao oeste do [[río Rin]]. A palabra '''galo''' refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión nos tempos antigos e foi empregada principalmente polos romanos, que moi raras veces chamaban [[celta]]s a este conxunto de tribos diversas. O xentilicio conservouse a través dos tempos soamente na extensión de terras que hoxe compoñen a República francesa e aínda hoxe se continúa chamando ''galos'' aos franceses, e de feito ''Gallia'' é o nome de [[Francia]] en [[grego moderno]].
 
== Historia ==
A Galia estivo habitada principalmente polos [[Aquitania|aquitanoaquitanos]]s, ligados aos [[vascóns]] da [[Península Ibérica]] que, a pesar de teren influencias celtas, conservaron a súa [[lingua aquitana|lingua]] e identidade. Os belgas vivían ao norte do río Sequana ([[río Sena|Sena]]). Eran celtas pero cunha grande influencia [[pobos xermánicos|xermánica]]. Estaban curtidos na batalla debido ás suas continuas loitas cos seus veciños xermánicos do norte.
 
Na Galia Central vivían os celtas que eran, con moito, os máis importantes poboadores da Galia, tanto en número como en extensión territorial. Non formaban unha nación en conxunto, nin tiñan xefe común. Hábiles loitadores, mellores metalúrxicos e ourives, só tiñan un elemento que os unía e ese era a relixión. Esta desunión era decote aproveitada polos seus veciños, as tribos xermánicas, e foi o elemento esencial para a súa conquista polos romanos.
Liña 40:
 
== Conquista romana ==
{{APArtigo principal|Galia romana}}
Xulio César derrotou ás tribos celtas en Galia entre [[-58|58]] e [[-51|51 a.C]]., e escribiu as súas experiencias en ''[[De Bello Gallico]]'' (''Comentarios sobre a guerra das Galias''). A rexión conquistada por César era a Galia Trasalpina, onde se encontraba incluída a Galia Comata. César describiu os galos como individuos intelixentes, moi activos, impulsivos e inestábeis.
 
Liña 71:
Cando durante o século III se deu unha certa "barbarización" do Imperio, características da civilización gala que permaneceran en vigor desde antes da conquista introducíronse de súa vez na cultura imperial: o abrigo galo, que lle deu o seu alcume ao emperador [[Caracalla]], non puido ser substituído polos hábitos dos conquistadores romanos. En moitos ámbitos relativos á artesanía, onde os galos sobresaían, impuxéronse as súas invencións: é o caso, sobre todo, do [[barril]], que se impuxo fronte á [[ánfora]], máis fráxil e de menor capacidade. É o caso tamén da [[cota de malla]] para o exército.
 
Outra pervivencia gala foi sen dúbida a práctica da súa lingua céltica, o [[lingua gala|galo]]. Sábese que a práctica do galo se prolongou durante a época merovinxia en amplas zonas rurais do centro e norte da Galia (Armórica, Bélxica, Auvernia, etc.). Algunhas características do galo pasaron ao latín. No [[século V]], testemuños da época dan conta dunha grafía e unha pronunciación gala do latín, así como do carácter anticuado da lingua de varios autores de poesía ou transcritores de historias populares.
 
Cando a civilización romana clásica se desintegra, a Galia "xermanizouse" lenta e parcialmente. A presenza de topónimos xermánicos rexístrase en primeiro lugar nos territorios fronterizos debido á repoboación, a miúdo con fin defensivo, axiña organizado por Roma nunhas rexións a miúdo afectadas pola fame e as epidemias. Por outro lado, estes asentamientos duradeiros de colonos "bárbaros" (os ''laeti'') coñecéronse tamén no resto do Imperio ao longo do século V.