Cedeira, Cedeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 14:
Na [[xurisdición]] eclesiástica forma parte do [[arciprestado de Xuvia]], pertencente á [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]].
 
== Xeografía ==
'''Cedeira''' esténdese pola aba oriental do monte Eixil, á beira dereita do [[río Condomiñas]]. Os límites da parroquia son: polo norte a parroquia de [[Cervo, Cedeira|Cervo]], dende o Regueiro do Couto no río Condomiñas, polo coto Monteagudoe e a Penalonga até a fonte de Eixil chegando ó mar. Polo leste linda coa [[ría de Cedeira]] e o río Condomiñas, que a separan das parroquias de [[Régoa, Cedeira|Régoa]] e [[Piñeiro, Cedeira|Piñeiro]]. Ao sur e polo oeste limita co mar.
 
A parroquia conta cun antigo núcleo de poboación, a vila latina Cetaria, asentada na beira do río Condomiñas, esténdese na actualidade ao outro lado do río en territorio xa da veciña parroquia de [[Piñeiro, Cedeira|Piñeiro]] no mesmo cruce das estradas que chegan de Ferrol e do Campo do Hospital e que teñen continuidade nunha ponte de tres arcos que cruza o río e une o núcleo de poboación. Un pouco máis río abaixo construíuse outra moderna ponte e máis recentemente unhas modernas infraestruturas portuarias pesqueiras que fan desta vila un importante enclave neste sector económico ao que contribúe tamén a praia urbana da Madalena no sector turístico e de ocio.
 
== Patrimonio ==
Na parte alta da vila atópase a igrexa parroquial de Santa María de mediados do [[século XV]], pero con varias reformas posteriores. Ten planta de cruz latina e unha nave lateral cunha bóveda de cantería. No seu interior atopamos algúns sepulcros de certa notoriedade. A torre do seu campanario, de forma cadrada foi construída no ano 1839.
 
Nas proximidades do espigón do porto quedan os restos dun castelo, o da Concepción, que foi erguido sobre os restos dun castro. Aparece inventariado en [[1784]] : “con oito canóns en servizo e once inutilizados, todos de ferro fundido e conserva nove cureñas útiles e cinco inservibles”.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Cedeira, Cedeira}}
<gallery>
Ficheiro:Cedeira, Galicia (Spain). Vila de Cedeira.jpg|Desembocadura do río Condomiñas
Liña 32:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Cedeira ===
{{Lp Cedeira}}
=== Parroquias de Cedeira ===
{{Cedeira}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Cedeira]]
 
[[Categoría:Parroquias de Cedeira]]