Xeografía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m nova clave para a Categoría:Xeografía de Galicia: " " mediante HotCat
m Bot - Trocar {{Ver artigo principal}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 3:
A '''xeografía de Galicia''' caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29.574,4 km<sup>2</sup>.
 
== Límites ==
[[Ficheiro:Tamaño de Galicia.jpg|dereita|300px|Dimensións de Galicia]]
O territorio de [[Galicia]] está comprendido entre 43º 48' N ([[Estaca de Bares]]) e 41º 49' N (fronteira con Portugal no parque do Xerés) en latitude. En lonxitude, entre 6º 44' O (límite entre Ourense e Zamora) e 9º 18' O (acadado practicamente en dous lugares: cabo da Nave en Fisterra e cabo Touriñán).
 
== A costa ==
[[Ficheiro:Portos de Galicia.jpg|esquerda|miniatura|150px|[[Porto (comunicacións)|Portos]]]]
A costa galega conta con 1.195 quilómetros<ref>[http://conselleriamar.xunta.es/web/pesca/litoral Litoral], na web da Consellería de Pesca.</ref> e ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves e dunha elevada diversidade paisaxística e litolóxica. Altérnanse, pois, lugares con características diferentes, como [[Corrubedo]] nas Rías Baixas ou a [[Rasa Cantábrica]] na [[Mariña de Lugo]], a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o [[Dunas de Corrubedo|Parque Dunar de Corrubedo]] e a [[Praia de Augas Santas]] (tamén coñecida como [[Praia das Catedrais]]).
Liña 17:
No treito litoral das Rías Baixas tamén se poden diferenciar varias unidades: o sector entre [[O Ézaro]] e o Louro, a ría de Muros e Noia, a ría de Arousa, a ría de Pontevedra, a ría de Vigo e a área dende [[cabo Silleiro]] ata o [[estuario|esteiro]] do [[Miño]].
 
=== As rías ===
[[Ficheiro:Ría de arousa01.JPG|miniatura|250px|esquerda|A [[ría de Arousa]] constitúe a maior ría galega en superficie]]
Xeograficamente, unha das peculiaridades de [[Galicia]] é a presenza das [[ría]]s, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en [[Rías Altas]] e [[Rías Baixas]], segundo a súa posición respecto a [[Fisterra]] como punto máis occidental de Galiza.
Liña 25:
As [[Rías Baixas]], todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son as de [[Ría de Corcubión|Corcubión]], [[Ría de Muros e Noia|Muros e Noia]], [[Ría de Arousa|Arousa]], [[Ría de Pontevedra|Pontevedra]] e [[Ría de Vigo|Vigo]].
 
=== Cabos ===
[[Ficheiro:Fisterra.Cabo.Galicia.jpg|miniatura|250px|Contrariamente á crenza popular, o Cabo Fisterra non é o punto máis occidental da España peninsular. Esta distinción debe outorgárselle ao [[Cabo Touriñán]].]]
Os máis coñecidos son:
Liña 37:
* [[Cabo Silleiro]], que pecha polo sur a ría de Vigo.
 
=== Illas ===
[[Ficheiro:42862-cies.jpg|miniatura|250px|O arquipélago das [[Illas Cíes]] forma parte dende o [[2002]] do [[Parque nacional das Illas Atlánticas|Parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia]]]]
[[Ficheiro:Arosa NWW.png|miniatura|250px|A [[Illa de Arousa]] con 4.884 habitantes no [[2005]] constitúe a illa máis poboada de Galicia]]
Liña 45:
{|
| valign="top"|
* [[Illa de Arousa]]
* [[Illas Cíes]]
* [[Illa de Ons]]
* [[Illa de Sálvora]]
* [[Illa de San Simón]]
| valign="top"|
* [[Illa da Coelleira]]
* [[Illa de Tambo]]
* [[Illa de Cortegada]]
* [[Illas Sisargas]]
| valign="top"|
* [[Illa de San Martiño]]
* [[Illa Ansarón]]
* [[Os Farallóns]]
* [[Illa Pancha]]
|}
 
Non se listan multitude de illas máis pequenas e illotes.
 
== O interior ==
Demograficamente, o interior galego está pouco poboado, e continúa a experimentar a emigración ás áreas urbanas litorais (antes a Madrid, Barcelona, Biscaia e Europa Occidental, e antes aínda a América, onde todos os españois aínda hoxe son chamados 'gallegos'), de xeito que se mantén a estrutura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación dispersa en [[aldea|aldeas]]s, o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.
 
O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do [[Río Miño]] no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó [[Mar Cantábrico]]). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos [[Canóns do Sil]]. Noutras zonas aparecen amplios vales, se ben son minoritarios.
Liña 71:
Galicia é percorrida de norte a sueste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona do [[O Porriño|Porriño]] con canteiras de [[granito]], rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.
 
=== Ríos ===
[[Ficheiro:Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza.jpg|miniatura|esquerda|250px|[[Río Sil]] ao seu paso pola [[provincia de Lugo]]]]
{{Ver artigoArtigo principal|Ríos de Galicia}}
Galicia cualifícase moitas veces como a ''terra dos mil ríos'' pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, salvo o [[Río Miño|Miño]] na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no tramo final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semiacuáticas como as chamadas "[[zalea|zaleas]]s").
 
Son ríos moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do [[río Miño|Miño]] e o [[Río Sil|Sil]] que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros.
Liña 80:
Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os célebres [[canóns do Sil]] (moitos deles aproveitados para encoros).
 
=== Montes ===
{{AP|Montes de Galicia|Montañas de Galicia}}
A montaña máis alta é [[Pena Trevinca]], cunha altura de 2.124 m (no límite administrativo da Comunidade Autónoma) en Ourense.
 
Porén, coas características antes citadas, existen diversas serras ou cadeas montañosas, entre elas:
* [[O Xistral]] entre [[A Mariña de Lugo]] e a [[Comarca da Terra Chá|Terra Chá]], con Cadramón (1.019 m) e Monseiván (929 m) como puntos máis altos,
* [[Comarca dos Ancares|Os Ancares]], facendo fronteira con [[Provincia de León|León]] e [[Asturias]], co pico de Pena Rubia (1.821 m) como altura raíña,
* [[O Courel]], ó norte do [[río Sil]], tamén en fronteira con León, co monte Faro (1.606 m),
Liña 96:
* [[Serra da Peneda]], [[Serra do Xurés]] e [[Serra do Larouco]] facendo fronteira entre Ourense e [[Portugal]] con montes como o Aguioncha (1.240 m).
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Galicia estremeira]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/TV/video_detalle.php?id=692&lyr=1270 Serie en vídeos sobre a xeografía galega]
 
{{De Galicia}}
 
[[Categoría:Xeografía de Galicia| ]]