Noz moscada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 24:
O froito comercializado máis importante é a noz moscada do [[mirístico]] (tamén chamado árbore da noz miscada ou mirística<ref>Nomes vulgares galegos en ''Diccionario Cumio da lingua galega'' Vigo, Edicións do Cumio, 1999 e no ''Gran dicionario Xerais da lingua galega'' Vigo, Xerais, 2009</ref>) ''[[Myristica fragans]]'', oriúnda das [[Illas Banda]] en Indonesia; tamén se cultiva no [[Caribe (rexión)|Caribe]], en especial en [[Granada, Caribe|Granada]]. Outras especies son a noz moscada papú ''Myristica argentea'', de [[Nova Guinea]] e a noz Bombai ''Myristica malabarica'', da [[India]]. Ambas se usan como sucedáneos dos produtos de ''M. fragans''.
 
== Usos culinarios ==
[[Ficheiro:Macis.jpg|miniatura|esquerda|135px|Macís da noz moscada]]
 
Liña 31:
As variedades xaponesas de po de [[curry]] inclúen a noz moscada como ingrediente.
 
== Aceites esenciais ==
O aceite esencial obtense da [[destilación]] da noz moída e é amplamente utilizado na [[industria farmacéutica]] e perfumeira. O aceite é incoloro ou lixeiramente amarelado e sabe e cheira a noz. Contén numerosos compoñentes de interese para a industria oleoquímica e utilízase como saborizante alimentario en produtos ó forno, xaropes (por exemplo, [[Coca Cola]]), bebidas, doces, etc. Substitúe á noz moída xa que non deixa partículas nos alimentos. No seu uso para as industrias cosméticas e farmacéuticas pódese atopar no [[dentífrico]] e como principal compoñente dalgúns xaropes para a tose. No medicamento tradicional, a noz e o aceite utilizáronse para tratar enfermidades relacionadas cos sistemas nervioso e dixestivo. A [[Myristicina]] é, probablemente, o axente químico responsable dos efectos [[psicotrópico]]s do aceite de noz moscada.
 
Externamente, o aceite utilízase para tratar as dores [[reuma|reumáticos]] e, do mesmo xeito que o aceite de [[cravo]], pódese aplicar como tratamento de urxencia para mitigar as dores de moas. En Francia utilízase para molestias dixestivas, disolvendo unha pinga en [[mel]].
 
== Manteiga de noz moscada ==
Esta manteiga é semi-sólida e de cor marrón avermellado, con sabor e cheiro a noz moscada. Aproximadamente o 75% (por peso) dela é [[trimiristina]], que pode converterse en [[ácido mirístico]], un ácido graxo de carbono-14 que se pode utilizar como substituto da [[manteiga de cacao]], pódese mesturar con outras graxas como o aceite de semente de algodón ou o aceite de palma e ten aplicacións como lubricante industrial.
 
== Historia ==
Dise que os sacerdotes romanos poderían empregar a Noz moscada queimándoa como unha forma de [[incenso]], aínda que esta teoría é controvertida. Sábese que se utilizou como prezada e custosa especia durante a [[Idade Media]]. [[San Teodoro]] era famoso por permitir aos seus monxes esparexer noz moscada sobre o seu pudin de [[chícharo]]s. En tempos [[Isabel I de Inglaterra|isabelinos]] esta especia era tan popular que se cría podía evitar a peste. Os árabes negociaron con ela durante a Idade Media nos prósperos mercados do Océano Índico. A finais do século XV, Portugal fíxose cargo deste comercio, incluída a noz moscada, debido ao [[Tratado de Tordesillas]] con España e a un tratado por separado co sultán de [[Ternate]]. No século XVII, este comercio foi acaparado polos holandeses.
 
== Produción mundial ==
A produción mundial de noz moscada estímase como media entre 10.000 e 12.000 toneladas por ano cunha demanda anual estimada de 9.000 toneladas. A produción de macís estímase en 1.500 a 2.000 toneladas. Indonesia e Granada dominan a produción e exportan ambos os produtos cun mercado mundial que comparte o 75% e o 20% respectivamente. Outros produtores son: India, Malaisia, Papúa Nova Guinea, Sri Lanka e a illas do Caribe, como San Vicente. Os principais mercados importadores son a Comunidade europea, Estados Unidos, Xapón e a India. Singapur e os Países Baixos son os principais re-exportadores.
 
Liña 51:
As árbores de noz moscada dan a súa primeira colleita aos 7-9 anos da súa plantación e alcanzan o seu maior potencial colleiteiro aos 20 anos.
 
== Risco e toxicidade ==
A pequenas doses, a noz moscada non produce efectos perceptibles no organismo. Con todo, a doses altas (10 g. ou máis) convértese nun [[alucinóxeno]] de suave ou mediana intensidade producindo efectos visuais e sensacións cómodas parecidas ás da [[marihuana]]. Pero existen motivos para que sexa impopular, xa que os efectos duran máis de 24 horas logo da subida inicial (aproximadamente 12 horas logo da súa inxestión) e teñen desagradables efectos secundarios durante todo o proceso, que se estende máis de 36 horas. Tamén pode provocar danos hepáticos se se consume regularmente e en grandes cantidades, ademais de alucinacións, náuseas, deshidratación e dores xeneralizadas, a chamada [[psicose da noz moscada]]. En grandes cantidades, (7,5 g. ou máis nunha soa toma) é perigosa, producindo convulsións e palpitacións. O seu consumo excesivo pode, ata, causar a morte. É extremadamente tóxica inxectada de forma intravenosa. No pasado foi utilizada como un [[abortivo]].
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mirístico]] (Árbore da noz moscada)
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Nutmegs}}
{{wikispecies|Myristica fragrans}}