Vitamina A: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 67:
A deficiencia de vitamina A é un problema case inexistente en países desenvolvidos pero común en países en vías de desenvolvemento, nos que contribúe de forma directa nunha elevada mortalidade infantil e, probablemente, tamén na materna. Xa dixemos que o [[arroz]], base da alimentación diaria nestes países, non achega carotenos. A [[OMS]] [http://www.who.int/vaccines/en/vitaminaspanish.shtml] estima que uns 12 millóns de meniños en países subdesenvolvidos morren antes de cumpri-los 5 anos (moitos no primeiro ano de vida) e que o 70% destas mortes se debe a infeccións respiratorias agudas, [[diarrea]]s, [[sarampelo]], [[paludismo]] ou [[malnutrición]], e comunmente á combinación de varias destas enfermidades. A carencia de vitamina A é un factor contribuínte coñecido nestas infeccións. Estímase que nestes países quedan cegos por esta causa ó redor de medio millón de meniños cada ano.
 
== [[Hipervitaminose]] ==
Tamén o exceso ([[hipervitaminose]]) de vitamina A pode ser prexudicial para a saúde. Unha inxesta excesiva provoca desecación da pel (áspera e descamada), gretas nos labios, dores óseas e articulares, cambra, dores de cabeza, náuseas, perda de apetito, irritabilidade, caída de cabelo, etc. Tamén pode observarse aumento do tamaño de [[bazo]] e [[fígado]] (con alteración nas probas de función hepática), redución dos niveis de [[colesterol]] total e [[HDL]]-colesterol. Sospéitase que tamén pode estar relacionado co desenvolvemento da [[osteoporose]].
 
As autoridades sanitarias recomendan non supera-lo límite duns 3.000 μg diarios (ó redor de 10.000 UI).
Liña 79:
 
{{Vitaminas}}
 
== Notas ==
<references/>