Hole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *respostar
Liña 18:
'''Hole''' foi formado nos Ánxeles por Courtney Love, que decidiu formar a súa propia banda despois de estar por pouco tempo entre outras bandas como [[Faith No More]] e Sugar Doll (ao lado de [[Kat Bjelland]], que formaría [[Babes in Toyland]]). Courntey puxo un anuncio nos clasificados do xornal de música ''Flipside and The Recycler'' dos Ánxeles, que dicía sinxelamente: "Quero formar unha banda. As miñas influencias son Big Black, [[Sonic Youth]] e Fleetwood Mac."
 
Courtney estaba impaciente, e mentres agardaba respostas ao seu anuncio, ela mercou o [[baixo]] da súa veciña Lisa e as dúas comezaron a practicar xuntas. A primeira persoa en respostarresponder ao anuncio foi [[Eric Erlandson]], guitarrista de 27 anos que traballaba na Capitol Records.
 
Lisa saíu da banda e máis tarde foi substituída por Jill Emery no baixo. Eles finalmente atoparon unha batería, Caroline Rue e a partir de entón pasaron a ensaiar con percusión. O único que faltaba era un nome para a banda.
Liña 29:
 
=== ''Pretty on the Inside'' ===
O álbum recibiu críticas moi positivas nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], e o tema "Teenage Whore" foi escollido sinxelo da semana pola revista ''Spin''. ''[[Pretty on the Inside]]'' tamén estivo presente na lista dos 20 mellores álbums da influente revista británica Melody Maker e "Teenage Whore" entrou no top 20 da lista de sinxelos inglesa.
 
En outubro de 1991 Courtney iniciou a súa polémica relación con [[Kurt Cobain]], e en novembro Hole iniciou unha xira por [[Europa]]. Nesa época Courtney comezou a escribir letras para ser usadas no segundo álbum da banda. Nese tempo a banda múdase a [[Seattle]].
 
Despois de casar con Kurt, en febreiro de [[1992]], Courtney volveu a concentrarse na súa banda e a escribir máis letras. Emery e Caroline deciden deixar Hole e son substituídas por [[Patty Schemel]] na [[batería (instrumento musical)|batería]] e, por un curto período, Leslie Hardy no baixo, que só estivo nuns poucos concertos. Eles chegaron a convidar á baixista [[Kristen Pfaff]] que na época non estaba disposta a deixar a súa banda, Janitor Joe.
 
Hole chamou a atención de moitas [[discográfica]]s grandes e acabaron asinando coa Geffen. Nesa época, a revista ''Vanity Fair'' escribiu un escandaloso artigo, literalmente culpando a Courtney do uso de heroína por parte de [[Kurt Cobain]], e de que ela a consumise estando embarazada, algo que Courntey e o propio Kurt negaron. A filla de ambos, Frances Bean Cobain naceu o [[8 de agosto]] de [[1992]] coa saúde perfecta. O xulgado de menores dos Ánxeles quitoulles a custodia da nena, para despois recuperala en setembro do mesmo ano. Ese incidente xerou a letra "Who took my baby? .. It's not yours... FUCK YOU!" que aparecerá no seguinte álbum de Hole.
 
En marzo de [[1993]], Hole tocou nun festival especial en [[Londres]], só para mulleres. Nese momento a banda estaba lista para retornar ao estudio para gravar o seu segundo álbum, e novamente convidaron a Kristen Pfaff para integrar a banda e, desa vez, ela aceptou a invitación. As gravacións comezaron en xullo, na cidade de [[Atlanta]].