J. K. Simmons: Diferenzas entre revisións
Traducido e adaptado de es.wiki |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2015 ás 21:07
Modelo:Actor Jonathan Kimble Simmons, nado en Detroit (Míchigan o 9 de xaneiro de 1955 é un actor estadounidense.
Traxectoria
A súa nai Patricia Kimble era administrativa e o seu pai, Donald William Simmons, profesor.[1][2] Ten un irmán, David, cantante e escritor, e unha irmá, Elizabeth. Asistiu á Universidade de Montana e foi membro do teatro Seattle Repertory Theatre.[3]
Antes da súa carreira no cinema e na televisión, Simmons foi actor e cantante de Broadway, actuando nas obras Guys and Dolls e Carousel. É coñecido polo seu papel do doutor Emil Skoda, un policía especializado en psiquiatría na serie Law & Order e como o sádico prisioneiro Vernon Schillinger no drama carcerario da HBO Oz.
Foi eloxiado pola súa interpretación de Mac McGuff, pai de Juno, no filme dese título. Interpretou tamén o obsesivo e egocéntrico editor de xornal J. Jonah Jameson nos tres filmes da serie de Spider-Man.
Filmografía
Notas
- ↑ FilmReference.com (ed.). "J. K. Simmons Biography".
- ↑ rootsweb (ed.). "Jonathan Kimble (“J. K.”) Simmons".
- ↑ Yahoo! Movies (ed.). "J. K. Simmons Biography".
Véxase tamén
Ligazóns externas
- J. K. Simmons na IMDb (en inglés).