Aerolíneas Argentinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 23:
| páxina_web = http://www.aerolineas.com.ar
}}
'''Aerolíneas Argentinas S.A.''' é a aeroliña máis grande de [[Arxentina]] é actúa como a aeroliña nacional dese país. Na súa maioría é propiedade do goberno arxentino e ten a súa sede na Torre Bouchard, localizada en San Nicolás, [[Bos Aires]]. Aerolíneas Argentinas Cargo, a aeroliña rexional [[Austral Líneas Aéreas]], a compañía de servizos aeroportuarios Aerohandling, a división de carga JetPaq S.A. e o operador turístico Optar S.A. son subsidiarias de Aerolíneas Argentinas.
 
A aeroliña e as súas subsidiarias operan dende dous centros de actividade, localizados en [[Bos Aires]]. Os voos domesticos concéntranse no Aeroparque Jorge Newbery, e os servizos internacionais lévanse a cabo dende o Aeroporto Internacional Ministro Pistarini, aínda que tamén se realizan dende aí algúns servizos rexionais. A compañía proporciona transporte gratuíto aos pasaxeiros que teñen que cambiar dun aeroporto ao outro.