Plásmido Ti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ti plasmid gl.svg|miniatura|350px|dereita|Estrutura dun plásmido Ti.]]
 
Un '''plásmido Ti''' ou '''plásmido indutor de tumores''' (do inglés ''Tumor inducing'') é unha molécula circular de [[ADN]] ([[plásmido]]) que xeralmente (pero non sempre) forma parte da dotación xenética da especie bacteriana ''[[Agrobacterium tumefaciens]]'', que este microorganismo usa para ceder por [[transdución xenética|transdución]] material xenético ás plantas que infectan, o que orixina nelas a formación dun tumor. Os plásmidos Ti pérdense cando ''[[Agrobacterium]]'' crece por riba dos 28°C. Estas bacterias que perderon os plásmidos non inducen tumores nas plantas, polo que son avirulentas. Existen tamén en ''[[Agrobacterium rhizogenes]]'' os [[plásmido Ri|plásmidos Ri]] (''root inducing''), que inducen a formación de raíces pilosas. Os plásmidos Ti e Ri teñen pouca [[homoloxía de secuencias]] pero son funcionalmente bastante similares. Os plásmidos Ti clasifícanse en dous tipos diferentes baseándose no tipo de [[opina]]s producidas polos seus [[xene]]s. As opinas especificadas nos plásmidos Ti son a [[octopina]], [[nopalina]], [[succinamopina]] e [[leucinopina]].