Plásmido Ti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ti plasmid.svg|miniatura|350px|dereita|Estrutura dun plásmido Ti.]]
 
Un '''plásmido Ti''' ou '''plásmido indutor de tumores''' (do inglés ''Tumor inducing'') é unha molécula circular de [[ADN]] ([[plásmido]]) que xeralmente (pero non sempre) forma parte da dotación xenética das especies de bacterias do xénero ''[[Agrobacterium]]'' ''[[Agrobacterium tumefaciens]]'' e ''[[Agrobacterium rhizogenes]]'', que estes microorganismos usan para ceder por [[transdución xenética|transdución]] material xenético ás plantas que infectan, o que orixina nelas a formación dun tumor. Os plásmidos Ti pérdense cando ''Agrobacterium'' crece por riba dos 28°C. Estas bacterias que perderon os plásmidos non inducen tumores nas plantas, polo que son avirulentas. Existen tamén en ''A. rhizogenes'' os plásmidos Ri (''root inducing''), que inducen tumoresa nasformación de raíces pilosas. Os plásmidos Ti e Ri teñen pouca [[homoloxía de secuencias]] pero son funcionalmente bastante similares. Os plásmidos Ti clasifícanse en dous tipos diferentes baseándose no tipo de [[opina]]s producidas polos seus [[xene]]s. As opinas especificadas nos plásmidos Ti son a [[octopina]], [[nopalina]], [[succinamopina]] e [[leucinopina]].
 
O plásmido Ti ten 196 xenes que codifican 195 [[proteína]]s. Tamén codifican un [[ARN]] estrutural. O plásmido ten unha lonxitude de 206.479 [[nucleótido]]s, e o seu [[contido GC]] é do 56%. O 81% do plásmido codifica xenes. Non contén [[pseudoxene]]s.