Miguel Hernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
31 anos
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
===Prisión e morte===
En abril, o xeneral [[Francisco Franco|Franco]] declara concluída a guerra, cando se rematara de imprimir en Valencia ''El hombre acecha''; aínda sen encadernar, unha comisión depuradora franquista, presidida polo filólogo [[Joaquín de Entrambasaguas]], ordena a destrución completa da edición; porén dous exemplares que se salvaron permitirán reeditar o libro en [[1981]]. O seu amigo Cossío ofrécese a acollelo en Tudanca, pero o poeta decidiu volver a Orihuela. Pero alí corre moito risco e decide ir a [[Sevilla]] pasando por Córdoba coa intención de cruzar a fronteira de [[Portugal]] por [[Huelva]], pero a policía de Salazar entrégao á [[Garda Civil]]; do cárcere de Sevilla trasládano ó penal de Torrijos en Madrid, e alí, grazas ás xestións que realiza [[Pablo Neruda]] ante un cardeal, é posto en liberdade inesperadamente sen ser procesado en setembro de 1939. De volta a Orihuela, é delatado e detido, e xa na prisión da praza de Conde de Toreno en [[Madrid]], é xulgado e condenado a morte en marzo de 1940. Cossío e outros amigos intelectuais interceden por el e se lle conmuta a pena pola de trinta anos de reclusión. Pasa á prisión de Palencia en setembro de 1940 e en novembro ó Penal de Ocaña. En 1941 é trasladado ó Reformatorio de Adultos de Alacant. Da bronquite pasa ó [[tifo]], e este se lle complica con [[tuberculose]]. Falece na enfermería da prisión alacantina ás 5.30 da mañá do 28 de marzo de 1942, con 31 anos de idade. Dise que non puideron pecharlle os ollos, feito sobre o que o seu amigo [[Vicente Aleixandre]] compuxo un poema. É enterrado no [[nicho]] número 1.009 do camposanto da Nosa Señora do Remedio de Alacant, o 30 de marzo.
 
==Obras==