George Herbert de Carnarvon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
===Exiptoloxía===
Lord Carnarvon era un afeccionado amateur da exiptoloxía e, en 1907, decidiu financia-la escavación de tumbas de nobres en Deir el-Bahri ([[Tebas]]) á que se lle uniu [[Howard Carter]] como axudante de escavación. En 1914 o conde logrou a concesión para escavar no Val dos Reis, onde se atoparon tesouros como nunca se viran en toda a historia da [[arqueoloxía]], entre eles, a tumba do famoso emperador [[Tutankhamon]].<ref>[http://www.abc.es/fotonoticias/fotos-cultura/20141009/lord-carnarvon-howard-carter-1613614130421.html "Lord Carnarvon y Howard Carter, inspeccionando la tumba de Tutankamon (1992)"] ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', 9/10/2014 {{Es}}.</ref>
 
===Morte===
O 19 de marzo de 1923, lord Carnarvon contraeu unha infección grave causada pola picadura dun mosquito, que se agravou ao cortarse cunha navalla. Morreu o 5 de abril no Hotel Savoy Continental do [[Cairo]]. A súa morte levantou comentarios sobre a existencia da “maldición de Tutankhamon”.<ref>[http://www.larazon.es/detalle_hemeroteca/noticias/LA_RAZON_293931/1608-la-maldicion-de-tutankamon#.Ttt1ff2YSdxuGx3 "La maldición de Tutankamón"] ''[[La Razón (España)|La Razón]]'', 5/9/2010 {{Es}}.</ref>.
 
Malia iso, a súa morte probablemente a causara a presenza de veleno no sangue trala picadura dun mosquito que o conde accidentalemnte abriu ao afeitarse cunha navalla, provocando que a ferida se infectase con erisipela. Esta infección podería ter evolucionado a [[pneumonía]] e foi así como acabou a vida do lord inglés.