Beariz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
actualizo datos do galego
Liña 67:
No concello hai minas de de [[volframio]] e [[estaño]], se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillería, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de [[Silleda]], onde os labradores venderan a súa terra.
 
As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal misturadomesturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.
 
A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a [[posguerra]].
 
==Parroquias==