Batalla de Almansa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
lig ints
Liña 5:
|conflito = [[Guerra de Sucesión Española]]
|data = [[25 de abril]] de [[1707]]
|lugar = [[Almansa, Albacete|Almansa]], provincia de Albacete, pero nos límites entre Valencia, Alacant e Murcia, en [[España]].
|coordenadas =
|resultado = Vitoria decisiva para os [[borbónicos]]
Liña 22:
|cor =
|}}
A '''batalla de Almansa''' foi un conflito bélico que tivo lugar en [[Almansa, Albacete|Almansa]] ([[provincia de Albacete]]) o [[25 de abril]] de [[1707]], no marco da [[Guerra de Sucesión Española]].
 
Nela enfrontáronse os partidarios do arquiduque Carlos, comandadas por [[Henri de Massue]] e o [[António Luís de Sousa, Marqués de Minas|Marqués das Minas]], e os defensores da causa de [[Filipe de Anjou]], que fora coroado como [[Filipe V de España|Felipe V]], mandados polo duque de Berwick. A vitoria destes últimos, permitiu a rápida conquista del [[Reino de Valencia]], [[Cataluña]] e [[Aragón]], con moita resistencia austracista, aínda que os [[Foros de Valencia|foros]] quedaron abolidos, como os de [[Foros de Aragón|Aragón]], tras a publicación dos [[Decretos de Nueva Planta]].
 
== A batalla ==
Tras terse retirado as tropas austracistas a territorios da [[Coroa de Aragón]], as forzas aliadas decidiron plantar cara ás borbónicas na poboación de [[Almansa, Albacete|Almansa]], cerca da fronteira do reino de Valencia.
 
A batalla iniciouse ás 15.00 do 25 de abril. Ambos exércitos despregáronse cara a cara ao largo de 6,5 [[km]]. Os aliados, partidarios do [[Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Arquiduque Carlos]], aliñaron 42 [[batallón]]s de infantería, compostos cada un de 400 homes, e 60 [[escuadrón]]s de cabalería, de 100 xinetes cada un, mentres que os [[Filipe V de España|borbónicos]] dispuxeron 50 batallóns de infantería e 81 escuadróns de cabalería, formando ambos exércitos con dúas liñas de profundidade. Paradoxicamente, a única representación valenciana era o rexemento Valencia -logo rebautizado Jaén- de 300 homes ao mando do coronel Riera no bando borbónico.