Enrique Peña Nieto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 189.236.33.17 (conversa); cambiado á última versión feita por Rotlink
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
NadoNacido en [[Atlacomulco]], Peña Nieto é descendente dunha longa saga de políticos locais. É bisneto de [[Severiano Peña]], quen foi alcalde da vila de [[Acambay]] en catro ocasións, en [[1914]], [[1916]], [[1921]] e [[1923]]. Ademais é parente, tanto por parte da nai como pola do pai, de dous ex gobernadores: o pai era primo de [[Alfredo del Mazo González]] e a súa nai era filla de Constantino Enrique Nieto Montiel, parente á súa vez de [[Arturo Montiel Rojas]]. Estudou a carreira de Dereito na [[Universidade Panamericana]] e un mestrado en Administración de empresas no [[Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey]].<ref>[http://www.enriquepenanieto.com/quien-son/ Quién soy] Web oficial. 9 de outubro de 2011.</ref>
 
En [[1984]] afiliouse ao [[Partido Revolucionario Institucional]] ([[PRI]]) daquela no poder baixo o goberno de [[Miguel de la Madrid]]. Entre 1985 e 1986 traballou como avogado para o despacho Laffan Muse & Kaye, e colaborou na Corporación Industrial San Luis. En [[1986]] comezou a traballar nunha [[notaría]] do [[Distrito Federal]] e como parte do equipo de Fausto Rico Álvarez; a partir de [[1988]] exerceu a súa profesión por libre. Entrementres, participaba xa nas súas primeiras actividades políticas.
 
En [[maio|mayo]] de [[1990]] foi secretario do Movemento Cidadán da Zona I do Comité Directivo Estatal da [[Confederación Nacional de Organizacións Populares]]. Un ano máis tarde participou como delegado da Fronte de Organizacións e Cidadáns en diversos concellos do [[estado de México]] e foi tamén instrutor do Centro de Capacitación electoral do [[Partido Revolucionario Institucional]]. O seu traballo no Partido conduciuno a responsabilidades cada vez maiores: entre abril e xullo de 1993 foi tesoureiro do Comité de Financiamiento do Comité Directivo Estatal do PRI na campaña do candidato a gobernador [[Emilio Chuayffet Chemor]]. Seis anos máis tarde, en 1999, chegaría a ser subcoordinador financeiro da campaña do seu parente, o gobernador [[Arturo Montiel Rojas]].
 
Entre [[1993]] e [[1998]], durante a xestión de [[Emilio Chuayffet]], foi secretario particular do secretario de Desenvolvemento Económico do goberno do [[Estado de México]], [[Juan José Guerra Abud]], e posteriormente foi subsecretario de Goberno do Estado de México de [[1999]] a [[2000]].<ref>Biografía de Enrique Peña Nieto en [http://www.estadodemexico.com.mx]</ref>