Marcial del Adalid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
caixa e imaxe
Sen resumo de edición
Liña 18:
|signatura =
}}
[[Ficheiro:Patio do pazo de Lóngora.JPG|miniatura|250px|Pazo de Lóngora, residencia de Marcial del Adalid.]]
'''Marcial del Adalid Gurrea''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[24 de agosto]] de [[1826]] e falecido en [[Lóngora, Liáns, Oleiros|Lóngora]] ([[Liáns, Oleiros]]) o [[16 de outubro]] de [[1881]], foi un compositor musical galego.
 
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Patio do pazo de Lóngora.JPG|miniatura|250px|Pazo de Lóngora, residencia de Marcial del Adalid.]]
Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a [[París]] coa intención de estudar con [[Frédéric Chopin]], pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a [[Londres]], onde entre 1844 e 1849 estudou con [[Ignaz Moscheles]]. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de [[Franz Liszt|Liszt]]. De volta a España viviu algúns anos en [[Madrid]] e viaxou logo a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera ''Inese e Bianca'', con libreto italiano de [[Achille de Lauzières]]. Esta ópera, a primeira obra deste xénero en galego, foi estreada modernamente pola [[Universidade da Coruña]] o 21 de abril de 2007 en versión de concerto. Retirouse despois ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical. Está considerado como o pai da canción clásica galega.