Al-Hakam II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 66:
=== Cultura ===
[[Ficheiro:Arabic herbal medicine guidebook.jpg|miniatura|250px|[[Herbolario]] de [[Al-Ándalus]].]]
O desenvolvemento das [[ciencia]]s e das [[letra]]s debeuse ás facilidades que os califas Abderramán III e Al-Hakam II deron aos sabios orientais inmigrados, xa que os [[abásida]]s perseguiron sen tregua a quen cultivara o saber máis alá dos rudimentos necesarios para a solución dos problemas xurídico-relixiosos. A difusión da cultura andalusí por Europa quedou asegurada grazas ás continuas viaxes dos monxes [[mozárabes]] á España cristiá, á [[Marca Hispánica]] e até a [[Lorena (rexión)|Lorena]].
 
* A [[medicina]] estivo en mans dos mozárabes até mediados do [[século IX]]. Nesta época chegaron prácticos de Oriente que desprazaron aos cristiáns, e un século despois se adaptou a tradución oriental do [[Dioscórides]] á terminoloxía [[botánica]] de al-Andalus, grazas á colaboración do xudeu [[Hasday ibn Saprut]], do monxe [[Bizancio|bizantino]] Nicolás e do [[médico]] musulmán Ibn Yulyul.