Fernando de Casas Novoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 6:
Naceu ao redor do ano [[1670]] nunha familia de clase baixa. Comezou con [[frei Gabriel de Casas]] a traballar no claustro do [[Catedral de Lugo|conxunto catedralicio]] de [[Lugo]]. Á morte do seu mestre, encargouse plenamente da execución das obras. Ten un só piso de altura considerable e é estruturado por parellas de pilastras con decoración vexetal semellante á de [[Domingo de Andrade]].
 
En [[1711]], xurdexorde a oportunidade da súa vida: é designado mestre de obras da [[Catedral de Santiago de Compostela]]. Continúa as obras de [[Domingo de Andrade]] na capela do Pilar, onde busca orixinais efectos cromáticos e ornamentais. Como solución de empalme entre a fachada do claustro e o Tesouro, realiza o Esconce das Praterías.
 
O arcebispo [[Antonio de Monroy|Monroy]] encargoulle varias obras do seu patrocinio: a igrexa dos dominicos de [[Betanzos]] e o colexio das Orfas de Santiago de Compostela. Aquí salienta o campanario, onde utiliza as placas consonte o estilo de [[Simón Rodríguez]]. <br />