Manuel Espiña Gamallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arraxiños
Carlos Baliñas Fernández
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Despois de realizar os seus primeiros estudos en Folgoso (Cerdedo) e Presqueiras ([[Forcarei]]) cun profesor particular, ingresou en [[1945]] no Seminario de [[San Martiño Pinario]] de [[Santiago de Compostela]], onde estudou [[Humanidades]].<ref name=GEG>Antonio Rodríguez Fraiz (1974): ''Espiña Gamallo, Manuel'' na ''[[Gran EnciclpediaEnciclopedia Gallega]]''.</ref> <ref name=G>[http://www.galegos.info/gl/manuel-espina-gamallo Manuel Espiña Gamallo] en Galegos.</ref>
 
A partir de [[1951]] cursou as licenciaturas en [[Filosofía]] e [[Teoloxía]] na [[Universidade Pontificia Comillas]] ([[Santander]]), ordenándose alí sacerdote en marzo de [[1959]].<ref name=GEG/> <ref name=G/> Foi en Comillas onde comeza a formarse a súa conciencia galeguista, como lle ocorreu a tantos outros; alí coincidiu con [[Carlos Baliñas Fernández]], o [[Jesús Silva Méndez|Padre Silva]] e [[Manuel Morente Torres|Morente Torres]], entre outros. <ref name=GC>[http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=Gaecr%22Df1&id_edicion=Gaecr%22Df1002&formato=texto&pagina=10&cabecera=&maxpagina=11&minpagina=1 Galegos e cristiáns]. "Deus fratresque Gallaeciae". BVG.</ref>
 
O seu primeiro destino foi como coadxutor-vigario en [[Santa María do Azougue]] ([[Betanzos]]), cargo que desempeñou desde [[1959]] a [[1962]], cando foi nomeado polo cardeal [[Quiroga Palacios]] director espiritual do [[Seminario Menor de Belvís]], onde o seu labor máis innovador foi ser o galeguizador ao atoparse cuns rapaces que se avergoñan da lingua dos seus pais (ou que eran castigados cando falaban entre eles en galego (Espiña consegiu que se suprimisen estes castigos). Alí comeza a traducir os Evanxeos ao galego, no medio da incomprensión dos seus compañeiros.<ref name=GC/>