Seminario de Mondoñedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m datas
Liña 1:
[[Ficheiro:Seminario01.jpg|miniatura|Seminario de Mondoñedo.]]
O '''Real Seminario Conciliar de Santa Catarina''', coñecido tamén como '''Seminario de Mondoñedo''', é un centro de estudos da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] situado en [[Mondoñedo]] e adscrito á [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]], destacado como lugar dinamizador da cultura e o galeguismo (por exemplo, fundamental na fundación do [[neovirxilianismo]] poético) dende os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]]. Entre os sacerdotes saídos deste seminario estiveron:
* [[Daniel Pernas Nieto]], escritor (1884-1946).
* [[Xosé Crecente Vega]], escritor (1896-1948).
* [[Xosé Chao Rego]], escritor e teólogo (n. 1932), profesor no Seminario.
* [[Xosé Manuel Carballo Ferreiro]], escritor e animador (n. 1944).
* [[Segundo Leonardo Pérez López]], historiador e arquiveiro (n. 1948).
 
Con todo, entre os seus egresados tamén figuran segrares:
* [[Luis de Trelles]] (1819-1891).
* [[Manuel María García Castro]], poeta da revista ''[[El Agricultor]]'' (1873-1949).
* [[Nicomedes Pastor Díaz]], escritor e político (1811-1863).
* [[Vicente Álvarez Miranda]], poeta e militar (1815-1858).
* [[Patricio Delgado Luaces]], escritor (1850-1900).
* [[Manuel Leiras Pulpeiro]], escritor (1854-1912).
* [[Antonio Noriega Varela]], escritor (1869-1947).
* [[Lois Peña Novo]], político (1893-1967).
* [[Xosé Trapero Pardo]], escritor e xornalista (1900-1995).
* [[Aquilino Iglesia Alvariño]], escritor (1909-1961).
* [[Xosé María Díaz Castro]], escritor (1914-1990).
* [[José Martinho Montero Santalha]], teólogo e lingüísta (n. 1947).
* [[Roberto Vilar]] (n. 1971).
 
O arquiveiro e cronista oficial de Mondoñedo [[Eduardo Lence-Santar]] (1879-1960) centrouse no seminario para a súa obra de 1909 ''El Seminario de Mondoñedo''. O seminario de Mondoñedo tamén aparece na trama do libro ''[[Ilustrísima]]'', de [[Carlos Casares]].