Santiaguiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 38:
Mide entre 5 e 14 cm. Presenta cefalotórax e abdome, aquel de forma rectangular e cuberto de numerosos tubérculos e escamas formando debuxos irregulares, entre os que destaca, no centro, unha agrupación que lembra a imaxe da [[cruz de Santiago]], á que debe o nome; este deseño apréciase máis claramente trala cocción. A cor é parda escura pero coa punta dos tubérculos brancuxa. Ten os ollos encaixados no bordo anterior do cacho e unhas anténulas con flaxelos moi curtos.
 
Son características da especie laa presenza dun par de antenas anchas e planas, con forma de pala. O animal usa estas antenas para escavar e remove-las piedras ou a area para alimentarse, xa que é basicamente preeiro. Aínda así, tamén come [[molusco]]s e pequenos [[invertebrado]]s.
 
O abdome, longo e groso, presenta unha serie de segmentos formados por placas duras tamén cubertas de tubérculos irregulares. Poden apreciarse bandas de cor azul pálido ou alaranxado. O telson mostra unha primeira metade calcificada, sendo o resto membranoso <ref>Chámase ''telson'' a peza na que remata o abdome de moitos artrópodos. No caso dos crustáceos macruros, é a peza central, impar, dese abano caudal que utilizan para nadar. As outras pezas, en número de 4, que forman ese abano chámanse ''urópodos''.</ref>.