Euloxio R. Ruibal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Euloxio R. Ruibal (AELG)-8.jpg|dereita|miniatura|200px]]
 
 
'''Euloxio Rodríguez Ruibal''', nado en [[Ordes]] o [[16 de marzo]] de [[1945]], é un escritor e director [[Galicia|galego]]. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.
 
Liña 7 ⟶ 5:
Comezou a súa actividade teatral no grupo [[Ditea]] en [[1961]], baixo a dirección de [[Agustín Magán]], e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa ([[1972]]), co que realizou varias curtametraxes e documentais (''Cuatro por Cuatro'', ''Mesturanza'', ''Holocausto'',...).
 
En [[1973]] gañou con ''Zardigot'' o Premio Abrente de teatro, e en [[1975]] volveu a conseguir o mesmo galardón con ''O Cabodano''. De [[1973]] é a súa obra de teatro infantil ''O roubo do aparello'', coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa ''A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida''. En [[1976]] publica as obras ''O cabodano'', ''Cousas da morte'' e ''A sombra do bon cabaleiro'' nun único volume. Mais entre [[1977]] e [[1987]], por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. VoltaríaVolvería a facelo en [[1988]], mais só teatro infantil ata [[1989]], data en que publica ''Azos de esguello'' (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De [[1990]] data a súa obra ''Unha macana de dote''. En [[2003]] publicou o ensaio ''Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego''
 
Foi presidente da [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]] e director das galerías de arte Torque e Citánia. Foi elixido membro da [[Real Academia Galega]] en marzo de [[2005]], sendo o actual Arquiveiro-bibliotecario da institución. Actualmente, é profesor na [[Universidade de Santiago de Compostela]].