IES Sánchez Cantón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ dato desde http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/08/28/empezamos-espectadores-arte/677675.html
Sen resumo de edición
Liña 43:
==Historia==
O Instituto de Pontevedra foi creado por Real Orde do [[30 de outubro]] de [[1845]] ao abeiro do ''Plan Xeral de Estudos'' (plan [[Pedro José Pidal|Pidal]]), que creaba un centro de ensino secundario en cada capital de provincia. A súa localización inicial foi no [[convento de San Bartolomé de Pontevedra]] (anterior colexio dos Xesuítas e [[Desamortización|desamortizado]] uns anos antes), actual edificio Sarmiento do [[Museo de Pontevedra]]. En [[1880]] acolleu parte da [[Exposición Rexional de 1880|Exposición Rexional]] que acolleu a cidade.
[[Ficheiro:Pontevedra capital, Instituto modernista Valle-Inclán.jpg|miniatura|esquerda|IES Valle-Inclán.]]
 
Despois pasou á Escola Normal de Maxisterio, edificio pertencente na actualidade á [[Deputación de Pontevedra]], e en 1929 construíuse un edificio novo a carón das [[ruínas de San Domingos]], actual [[IES Valle-Inclán]]. O centro actual foi inaugurado en 1971, e en 1973 recibiu o nome de Sánchez Cantón, historiador finado dous anos antes. O instituto estivo dirixido por [[Xosé Filgueira Valverde]] entre 1946 e 1976, ano da súa xubilación. O novo edificio presentaba problemas estruturais, e foi reconstruído de novo en 1986.