Cruceiro lixeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
m ampío de en.wiki
Liña 8:
 
=== Primeira Guerra Mundial ===
Cara a [[Primeira Guerra Mundial]] os cruceiros lixeiros británicos adoitaban levar dous canóns de 6 polgadas (152 mm) e talvez oito de 4 polgadas (100 mm), ou un armamento uniforme de canóns de 6 polgadas nun barco dunhas 5.000 toneladas, mentres que os alemáns pasaron durante a guerra dos canóns de 4,1 polgadas (105 mm) aos de 5,9 (150 mm). A construción de cruceiros no [[Reino Unido]] continuou ininterrompidamente ata que o nomeamento do almirante [[John Fisher|"Jacky" Fisher]] como [[Primeiro Lord de Mar]] en [[1904]]. Debido en parte ao desexo de reducir o exceso de gastos polo aumento dos custes de manter o ritmo de produción naval alemá e tamén por sentir que ese tipo de barco era anticuado, Fisher autorizou poucos cruceiros novos e desguazou 70 vellos. A crenza de Fisher de que os [[cruceiro de batalla|cruceiros de batalla]] substituirían aos cruceiros lixeiros para protexer a navegación comercial ao pouco tempo demostrou ser impracticable, xa que os seus altos custes de fabricación os construction impedían a súa dispoñibilidade nun número suficiente como para facelo, e os [[destrutor|destrutores]] eran demasiado pequenos para tarefas de exploración.
 
[[Categoría:Tipos de barcos]]