Lituania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 61:
 
== Historia ==
Mencionada por primeira vez o [[14 de febreiro]] de [[1009]], [[Lituania]] creceu ata tornarse nunha nación relevante na [[Idade Media]]. ConsideraseConsidérase que a data de constitución do estado é a da coroación oficial do rei [[Mindaugas]], a [[6 de xullo]] de [[1253]] en [[Voruta]]/[[Vilnius]], que uniu os duques lituanos rivais nunha nación e estado. [[Lituania]] transformouse nun reino independente e multiétnico que na súa máxima extensión, no [[século XV]], ocupou a maior parte da [[Europa do leste]] dende o [[mar Báltico]] ata o [[mar Negro]]. En [[1385]] uniuse á [[Polonia]] en unión persoal cando o rei lituano [[Xogaila]] foi coroado rei da [[Polonia]]. En [[1569]], Polonia e a Lituania formaran a [[Comunidade Polaco-Lituana]]. Esta unión mantense ata as [[particións da Polonia]] no [[1795]], cando a propia Lituania foi anexada pola [[Rusia Imperial]].
[[Ficheiro:LithuaniaHistory.png|miniatura|Mapa dos diferentes territorios que abranguiu Lituania dende o s. XIII ata os nosos días|250px|esquerda]]
Lituania restableceu a súa [[independencia]] o [[16 de febreiro]] de [[1918]]. De seguido, envolveuse e disputas territoriais coa [[Polonia]] (acerca da capital, [[Vilnius]], e da Lituania Oriental entón ocupadas polos polacos) e coa [[Alemaña]] (acerca de [[Klaipeda|Klaipėda]]). Foi anexada pola [[Unión Soviética]] en 1940 durante a [[Segunda Guerra Mundial]] grazas a un pacto segredo xermano-soviético asinado polos ministros de asuntos exteriores dos dous países, Ribbentropf e Molotov, formándose a [[República Socialista Soviética de Lituania]].
 
O período comunista rematou despois da chegada da ''[[glasnost]]'' e a Lituania, liderada polo movemento pola [[independencia]] [[Sajudis|''Sajūdis'']], anticomunista e antisoviético, proclamou a [[independencia]] a [[11 de marzo]] de [[1990]]. Foi a primeira república soviética en facelo, malia as forzas soviéticas intentaren sen éxito suprimir a revolta independentista ata Agostoagosto de [[1991]], o que iría levar ao desmembramento da propia [[Unión Soviética]]. As derradeiras tropas rusas saíran do país o [[31 de agosto]] de [[1993]] - antes mesmo que da Alemaña Oriental.
 
O [[4 de febreiro]] de [[1991]], [[Islandia]] tornouse o primeiro país en recoñecer a [[independencia]] da Lituania e [[Suecia]] foi o primeiro país en abrir unha embaixada no país. Os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e varios outros países occidentais nunca recoñeceran as reivindicacións da [[URSS]] sobre a Lituania.
 
Lituania foi admitida nas [[Nacións Unidas]] o [[17 de setembro]] de [[1991]]. O [[31 de maio]] de [[2001]], o país tornouse o 141º membro da [[Organización Mundial do Comercio]]. Dende [[1988]], Lituania ten procurado estreitar os lazos co occidente e o [[4 de xaneiro]] de [[1994]] tornouse o primeiro estado báltico a pedir a entrada na [[OTAN]], sendo convidada a iniciar as negociacións o [[21 de novembro]] de [[2002]] e tornándose membro de pleno direitodereito o [[29 de marzo]] de [[2004]]. O [[1 de febreiro]] de [[1998]], o país tornouse Membro Asociado da [[Unión Europea]], a [[16 de abril]] de [[2003]] asinou o Tratado de Adhesión á [[Unión Europea|UE]], o [[11 de maio]] de [[2003]] o 91% dos electores aprobaran en referendo a adhesión á Unión e o [[1 de maio]] de [[2004]] tornouse membro da UE, regresando ao vello obxectivo proclamado en [[1254]] polo rei [[Mindaugas]] de se tornar parte do occidente e da [[Europa]].
 
== Política ==